Ameazan cunha coroa mortuoria a un cargo do BNG

O PP rexeita relacionar as ameazas aos deputados nacionalistas co conflito laboral no Parque de Maquinaria da Deputación.

Por E.P. | Pontevedra | 26/05/2016 | Actualizada ás 21:06

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra denunciou ante a subdelegación del Gobierno e a Garda Civil as "graves ameazas" dirixidas contra deputados nacionalistas e algúns funcionarios, no marco do conflito aberto cos traballadores do Parque de Maquinaria.

Rolda de prensa na Deputación para denunciar as ameazas aos cargos do Bloque
Rolda de prensa na Deputación para denunciar as ameazas aos cargos do Bloque

Mosquera pide ao PP que pare as ameazas

 Nunha rolda de prensa ofrecida este xoves polo vicepresidente da Deputación, o nacionalista César Mosquera, acompañado dos deputados do Bloque Eva Villaverde, Xosé Leal e Uxío Benítez xunto aos deputados do Partido Socialista, Santos Héctor e López Font sinalaron que a situación alcanzou límites "absolutamente intolerables" nun estado democrático. O líder do BNG na institución relacionou directamente ao PP co sucedido. "Nós queremos instar expresamente ao PP a que dea orde de parar esta tolería", afirmou con rotundidade o vicepresidente da Deputación, César Mosquera.

 As pintadas e ameazas das últimas semanas deron paso a "prácticas mafiosas" como o envío dunha coroa mortuoria co nome de Uxío Benítez, deputado responsable de Mobilidade.

 Na fita que acompaña á coroa, situada nas inmediacións da casa consistorial de Tomiño -municipio do que é concelleiro Uxío Benítez-, pode ler 'Uxío non te deixaremos en paz'.

Coroa e pintada crítica co BNG
Coroa e pintada crítica co BNG | Fonte: Deputación de Pontevedra

 O propio deputado denunciou os feitos ante as autoridades e avanzou que tomará todas as medidas que estean ao seu alcance para "garantir a miña seguridade".

 Ademais, novas pintadas con contido amenazante apareceron en diferentes puntos dos concellos de Tomiño, Moraña, Barro, Bueu ou Vilagarcía de Arousa, todas centradas no BNG e nos deputados César Mosquera e Uxío Benítez, aos que acusan de "ditadores, mentireiros e caciques", así como de querer "privatizar" o Parque de Maquinaria para "financiar" o seu partido.

 Ante estes feitos, o vicepresidente da Deputación, César Mosquera, acusou o Partido Popular de ser eles os que "montaron toda esta lea" polo que instou á formación conservadora para que "dea a orde de parar esta loucura".

 Mosquera insistiu en que o "único responsable de rebentar os plenos e de todas as pintadas é o PP" polo que argumentou que este conflito non é laboral, "senón político", xa que apuntou que o Parque de Maquinaria era o "brazo armado" do PP, dependendo directamente do expresidente Rafael Louzán e do seu xefe de gabinete, Martín Serantes, para "satisfacer aos seus intereses partidarios".

"Até a extenuación"

 Sobre os cambios no Parque de Maquinaria o grupo de goberno provincial insistiu en que "non se tomou ningunha medida" que prexudique aos traballadores que agora están integrados no servizo provincial de Infraestruturas, e volveu negar que se pretenda privatizar o parque. "Aínda que quixésemos, que non é así, non o poderiamos facer", aclarou o vicepresidente da Deputación.

 César Mosquera asegurou que o goberno provincial seguirá negociando cos traballadores "ata a extenuación" para resolver esta situación e recordou que no último encontro cos traballadores se chegou a un "principio de acordo" polo que ambas as dúas partes de ían dar un mes de prazo para analizar a efectividade dos cambios propostos polo goberno, "pero ao saír alguén deu a orde de montar toda a lea que puidesen".

 Por agora estes feitos non serán denunciados ante a xustiza, por motivos que Mosquera preferiu non aclarar xa que "se cadra vén Rueda aquí a dicirlles o que teñen que facer e denunciamos ante un señor que vai correr todos os días con el e que é íntimo amigo, co cal xa prevemos o resultado".

Valoración do PP e do PSdeG

Dende as filias socialistas mostraron a súa condena das pintadas e a súa solidariedade cos compañeiros de goberno provincial ameazados. Pola súa banda, o voceiro do PP na Deputación tamén rexeitou de xeito aberto este tipo de accións. Agora ben, negouse a vinculalas co conflito no Parque de Maquinaria, argumentando que non hai probas nese sentido.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 CHIRINGUITO CLOSED

Normal que queran matar os do BNG, jodéronlles o chiringo e van ter que traballar para gañar un soldo normal non os sueldazos nescafe que veñen cobrando por rascala, menos mal que están os chupóns de CC.OO para ver si lles caen unha limosna e o PP para apoialos.

3 Louzan

Solidariedade con estes enchufados do PP apoiados por marea e o seu sindicato de referencia, CCOO. Estes currantes so queren facer o mesmo que Beiras, cobrar 60.000 euros por non ir.

2 A Traballar

Menudos jetas estes traballadores, operarios cobrando entre 50.000 e 60.000 euros dunha concesión con cargo os impostos de xente que traballamos arreo para gañar unha cuarta parte, a moitos acabouselles o Chollo do enchufismo e o de cobrar tódolos pluses sin rascala, nocturnidade por estar un solo minuto de noite...ainda por riba apoian o goberno corrupto do PP axudados polos sindicatos españois

1 Bufffff

Veña oh, veña, que cheira que confunde a falsa bandeira. Alguén que coñecín era copropietario, cos seus irmáns, dun edificio que heredaran. Un día, algún coñón enviou unha coroa de flores aos inquilinos de certo piso cunha faixa que dicía: "Los dueños de la casa no te olvidan". Alí non morrera ninguén. Prodúxose unha situación incómoda, ao final resolta con sentido do humor por ambas partes. Nunca se soubo quen encargara a coroa por teléfono. Aquí que non sobreactúen moito que ben podería ser unha falsa bandeira.