Temas: CABALO VACA BOI

Recuperan e potencian a raza pura galega

A Xunta destina máis de tres millóns de euros á recuperación, conservación e fomento das razas gandeiras autóctonas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/05/2016 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Galicia quere ser unha potencia en razas autóctonas. Por iso, a Xunta destinará algo máis de 3 millóns de euros para a recuperación, conservación e fomento das razas gandeiras autóctonas galegas. Estas achegas están cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

Cabalo de pura raza galega
Cabalo de pura raza galega | Fonte: MAGRAMA.

O Consello do Goberno galego autorizou este xoves á Consellería do Medio Rural para asinar 6 diferentes convenios de colaboración con outras tantas asociacións, federacións e entidades relacionadas coas razas autóctonas de gando de Galicia para levar a cabo distintas medidas relacionadas coa súa posta en valor, mellora xenética ou promoción.

Deste xeutim Medio Rural asinará coa Asociación Nacional de Criadores da Raza Rubia Galega (Acruga) un convenio de colaboración para realizar un programa de consolidación e diversificación xenética desta raza, por un importe total de 620.000 euros para o período 2016-2019.

Tamén colaborará coa Asociación Pura Raza Cabalo Galego para continuar coa posta en valor das aptitudes desta raza en actividades deportivas, de exposición e lecer, por un importe de 240.000 euros. Ademais, asinarase outro convenio coa Asociación de Criadores de Cabalo de Pura Raza Galega (Puraga) para a conservación, desenvolvemento e utilización sustentable dos recursos zooxenéticos desta raza equina e o fomento e promoción dos seus produtos derivados, por un importe 267.200 euros.

Outro dos documentos de colaboración subscribirase coa Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (Asoporcel) para a execución das actividades de recuperación, conservación e fomento da raza porcina Porco Celta, por un importe de 360.000 euros.

Pezuñas, o boi de raza rubia galega que chegou aos 2.200 quilos
Pezuñas, o boi de raza rubia galega que chegou aos 2.200 quilos | Fonte: delascosasdelcomer.com

Por outra banda, asinarase un acordo coa Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga) para a conservación, desenvolvemento e utilización sustentable dos recursos zooxenéticos das razas bovinas autóctonas galegas en perigo de extinción, da ovella galega, da cabra galega, da galiña de Mos e dos seus produtos derivados, por un importe de 1.240.000 euros.

Por último, Medio Rural colaborará co Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) para continuar coa execución de determinadas actividades de conservación dos recursos zooxenéticos das razas ovella galega, cabra galega e porco celta, por un importe de 280.000 euros. 

Temas: CABALO VACA BOI
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 outro71

Vaia, vaia. Osea que lle dan unha subvención á Asociación Pura Raza Cabalo Galego.... invitovos a que investiguedes quen esta detrás desta "asociación".