O Granma trata de "excelentísimo" a un Feijóo que ignora á oposición cubana

O presidente da Xunta fai o mesmo que criticaba cando era líder da oposición: evitar calquera reunión, ou mesmo calquera refererencia, ao que desafían o monopolio do poder do Partido Comunista Cuba.

Por Galicia Confidencial | A Habana | 27/05/2016 | Actualizada ás 11:39

Comparte esta noticia

O diario oficial do Partido Comunista de Cuba narra a reunión do presidente da Xunta de Galicia co vicepresidente do Consejo de Ministros de Cuba. O Gramma trata a Alberto Nuñez Feijóo co título de “execelentísimo señor”, mostra da ausencia de conflito entre os dous bandos malia, en teoría, provir de dous bandos ideolóxicos opostos.

O presidente da Xunta Nuñez Feijóo nun encontro institucional con Antonio Luís Carricarte, Viceministro primeiro do MINCEX (Ministerio do Comercio Exterior e o Investimento Estranxeiro).
O presidente da Xunta Nuñez Feijóo nun encontro institucional con Antonio Luís Carricarte, Viceministro primeiro do MINCEX (Ministerio do Comercio Exterior e o Investimento Estranxeiro).

O líder do PP de Galicia non inclúe na súa axenda oficial ningunha reunión coa oposición ao réxime dos Castro. Cando Feijóo visitou Cuba por vez primeira, en 2013, tampouco se reuniu con eles. Mesmo, segundo publicara Anibal Malvar, ignorou dúas invitacións da UNPACU, unha das principais formacións da oposición cubana. Cómpre lembrar, ademais, que cando era líder da oposición galega, Feijóo criticara a Emilio Pérez Touriño por non reunirse cos opositores cubanos na súa visita a illa, onde viven uns 40.000 galegos.

A consecuencia desta aposta política é que Feijóo recibe cobertura e bo trato dos medios oficias, mentres que os medios da oposición pasan de largo da misión galega.

Expedición que acaba de participar na inauguración do  Foro Económico Cuba-Galicia na Habana. Ademais, acordou co viceministro primeiro do MINCEX (Ministerio do Comercio Exterior e o Investimento Estranxeiro), Antonio Luís Carricarte, firmar un memorando de colaboración para comprometer actuacións e intereses concreto scomo o sector da biotecnoloxía, da enerxía eólica, o agroalimentario ou o sector da biomasa.

En ningún dos tres actos con autoridades cubanas destes dous días de visita, Feijóo fixo crítica ou mención á ausencia dun sistema democrático pluripartidista na Illa caribeña. O mandatario si gabou a desregulación económica que está a emprender Raúl Castro. Por exemplo, o titular da Xunta expresou, na apertura do Foro Económico Cuba-Galicia, o seu convencemento de que “ao igual que en Galicia estamos convencidos de que imos polo bo camiño, observamos tamén que Cuba vai polo bo camiño”. As notas oficiais da Xunta tamén pasan por alto a cuestión das liberades en Cuba, centrándose exclusivamente na axenda económico-institucional.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 Souto

Eles tenhen dous ovos ben postos. A ver se lhe prestan un ovo a Feijoo en Cuba.

4 galegoexiliado

Tal como habían anunciado os Profetas Francisco e Obama O Mesías visita Cuba. O Señor de Monte Pío, Marqués de los Peares visita o país mais rico e industrializado de América pa buscar solucions óa problemas galegos. Segundo fontes oficiales xa levan contratados cen floteles, cincuenta petroleiros, douscentos buques de guerra, mais de mil pesqueiros e a producción de coches da citroen en un ano. A industria cubana vai construir cincuenta plantas leiteiras na Galiza, mercar a producción anual das nosas granxas de carne e dous mil pesqueiros poderán faenar en augas do Caribe. Esto so de momento. E nestos momentos estase a negociar a construcción de cen plataformas petroleiras e uns dous mil drons pa forza aérea cubana. Váiselle conceder a nacionalidade galega a todolos cubanos pa que poidan votar a Mariano-Feijoo e derrotar aos social-podemitas. Por certo, a viaxe foi pagada cos impostos dos galegos do exterior.

3 Sesese

Non seI que teñen estos reximenes totalitarios que moito gustan a os políticos , igual e o clima ou as cubanas que os atontan

2 Hai por Deus

jajajaajaj miña nai. Este Feijoo é un pandereta: deberíamolo procesar por vínculos con réximes totalitarios.

1 anonimo

¿Acaso hai mais democracia en Cuba que en Venezuela?. Eu quedome antes co réxime venezolano que co cubano e incluso penso que é mellor que a España do paro e a lei mordaza ou a UE da austeridade e da indiferenza cos refuxiados. Parece que un rexime e bo ou malo segundo lle vaia ben ou mal a oligarquia española. Por certo, se tan malo é o comunismo, ¿pq agora todos queren ir a Cuba?. ¿Será que o que esta a fracasar é o capitalismo?.