A Audiencia Provincial reabre a instrución polo accidente do Alvia

Asegura que se deben seguir investigando diversos extremos expostos nas probas periciais. Vítimas e partidos políticos esixiron durante o proceso a imputación de cargos de Renfe e de Adif.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/05/2016 | Actualizada ás 11:57

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial de A Coruña ordenou reabrir a instrución que investiga as causas do accidente do tren Alvia que supuxo 80 mortes e máis dun centenar de feridos o 24 de xullo de 2013, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Intre do accidente do tren Alvia en Angrois en Santiago nunha imaxe dunha cámara fixa de RENFE /foon youtube Intre do accidente do tren Alvia en Angrois en Santiago nunha imaxe dunha cámara fixa de RENFE /foon youtube
Intre do accidente do tren Alvia en Angrois en Santiago nunha imaxe dunha cámara fixa de RENFE /foon youtube Intre do accidente do tren Alvia en Angrois en Santiago nunha imaxe dunha cámara fixa de RENFE /foon youtube

A sala conclúe que o Xulgado de Instrución número 3 de Santiago debe seguir investigando para aclarar diversos extremos expostos nas probas periciais. Esta mesma semana, o xuíz decidira non retirar os vagóns e máquinas do tren da súa actual ubicación --nunha empresa de Padrón--, á espera da decisión da audiencia provincial.

O caso reaberto quedou pechado o pasado octubre polo Xulgado de Instrución número 3 de Santiago de Compostela deu por finalizada a instrución da causa aberta coa única imputación do maquinista do tren, José Garzón Amo. Nese accidente, acontecido o 24 de xullo de 2013, faleceron 80 persoas e máis de 140 resultaron feridas.

O primeiro xuíz instrutor do caso, Luís Aláez, que asumiu a causa desde o propio día do sinistro até xuño do ano 2014, chegou a imputar até en dúas ocasións a cargos e responsables do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) pola súa presunta responsabilidade no accidente, pero a Audiencia Provincial da Coruña levantou as imputacións en ambas as ocasións, de modo que desde outubro de 2014 o maquinista é o único imputado na causa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta