Galicia pecha 2024 con 3.920 MW de enerxía eólica instalada e sitúase no cuarto lugar a nivel estatal

En España, a potencia eólica instalada ascendeu a 1.186 megawatts (MW), unha cifra que duplica a rexistrada hai un ano (675 MW) e que permite ao país acumular 31.679 MW.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/06/2025 | Actualizada ás 15:41

Comparte esta noticia

Galicia pechou o exercicio de 2024 con 3.920 megawatts de enerxía eólica instalada, 46 máis que o ano anterior, segundo os datos que publica este martes a Asociación Empresarial Eólica (AEE). Desta forma, e no medio do parón que afecta o sector, con numerosas autorizacións a parques xudicializadas, a comunidade galega sitúase en cuarto lugar, por detrás de Castela e León, Aragón e Castela-A Mancha.

Mentres, a enerxía eólica converteuse na tecnoloxía que máis achegou ao sistema enerxético nacional en 2024 cunha cobertura da demanda do 23 %, segundo os últimos números achegados pola AEE. En España, a potencia eólica instalada ascendeu a 1.186 megawatts (MW), unha cifra que duplica a rexistrada hai un ano (675 MW) e que permite ao país acumular 31.679 MW. Este dato alcanzouse grazas á construción de 27 parques eólicos novos con 240 aeroxeradores en 2024. En total, hai 1.416 parques eólicos con 22.486 aeroxeradores instalados en España.

Segundo a AEE, a cifra trátase de "un fito significativo para o sector enerxético e que reflicte o compromiso do país coa transición cara a fontes máis limpas e sustentables". A xeración eólica contribuíu a reducir o prezo da electricidade nun 24 % no mercado diario. En 2024, o efecto reductor da eólica foi de 19,86 euros por megawatt hora, o que supuxo un aforro bruto acumulado conseguido de 5.047 millóns de euros aos consumidores.

CASTELA E LEÓN LIDERA A POTENCIA EÓLICA

A enerxía eólica está presente en todas as comunidades autónomas do país, fóra de Madrid, Ceuta e Melilla. Unhas 47 provincias contan con xeración eólica e 20 xa xeran máis de 1 teravatio-hora (TWh) de electricidade que cobre o consumo de 285.000 fogares en España. Castela e León lidera a potencia instalada durante o ano 2024 con 550,1 (MW). Séguenlle Aragón (246,4 MW) e Navarra (195,8 MW). Por provincias, Zaragoza mantense en primeira posición da xeración eólica, xerando o 14 % de total do ano pasado.

A EÓLICA DE ESPAÑA REPRESENTA O 3 % MUNDIAL

A nivel mundial, a potencia eólica instalada en España supón o 3 % do total. O país sitúase como o sexto país no ranking de países, por detrás de China, Estados Unidos, Alemaña, India e Brasil. En Europa, España é o segundo país con máis potencia eólica instalada, só por detrás de Alemaña, co 11 % do total. A enerxía eólica na Unión Europea ascende a 248 GW de potencia 'onshore', aos que se suman outros 37 GW de potencia 'offshore' No último ano a nova potencia instalada alcanzou os 13 GW, ata situarse nos 285 GW en 2024. A eólica xerou o 19 % da electricidade consumida no Vello Continente, por baixo do obxectivo do 34 % en 2030 e de máis do 50 % en 2050.

Un parque eólico, a 28 de marzo de 2025, en Muras
Un parque eólico, a 28 de marzo de 2025, en Muras | Fonte: Carlos Castro - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta