Salvar Reganosa é “prevaricar” ou “protexer aos consumidores”?

Un goberno en funcións non pode tomar medidas que coarten as decisións donovo executivo que saia das urnas. Con todo, Rajoy salva a Reganosa, como antes fixera con ENCE, esgrimindo supostas razóns económicas -como a protección do sistema gasístico portugués- e de defensa dos consumidores. Para En Marea trátase dun caso claro de prevaricación.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 28/05/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Primeiro foi ENCE e agora é Reganosa. O Goberno en funcións volve a lanzar un salvavidas xurídico a unha industria na costa galega polémica polas súas implicacións ambientais. 

Un gaseiro en Reganosa, Ferrol ao fondo
Un gaseiro en Reganosa, Ferrol ao fondo | Fonte: Nemigo Flickr

En concreto, o Consello de Ministros aprobou eludir a avaliación ambiental para evitar a súa paralización.  Este visto bo é outorgado "de xeito excepcional". Permite excluír do trámite de avaliación de impacto ambiental aos proxectos de autorización da planta de regasificación de gas natural licuado (GNL) de Reganosa en Mugardos (A Coruña), co fin de evitar a súa "paralización".

Cómpre lembra rque dúas recentes sentenzas do Tribunal Supremo (TS) anularon a autorización administrativa previa de 2002 para a instalación da planta en Mugardos e o proxecto de execución de 2004 -está en funcionamento dende 2007- porque no momento de emitirse non se contaba cun instrumento de planificación urbanística axeitado. Todo iso, despois dos recursos contencioso-administrativos interpostos pola plataforma de veciños O Cruceiro de Mehá e outras entidades.

O Goberno xustifica que "se pretende minimizar os prexuízos que provocaría a súa paralización aos consumidores da zona Noroeste; ao Sistema Eléctrico Español, pola indispoñibilidade dos ciclos combinados aos que se subministra gas dende a planta; e, mesmo, ao sistema gasista portugués".

Para este decisión, o Consello de Ministros baséase en que todos os informes solicitados, tanto do xestor técnico do sistema (Enagás), como das direccións xerais de Tráfico, de Protección Civil e Emerxencias, así como de Transporte Terrestre, "inciden na concorrencia de circunstancias excepcionais que xustifican a aplicación desta medida".

Planta de Reganosa en Mugardos
Planta de Reganosa en Mugardos | Fonte: www.gnlglobal.com

O grupo Tojeiro, propietario de Gadis, e a Xunta de Galicia son os máximos accionistas da planta. Cando saíron as sentencias, Reganosa xa presumiu de que os revés xudiciais non suporían a súa paralización, moito menos o seu peche.

Para En Marea, que reclamou no Congreso dos Deputados a paralización e o desmantelamento da actividade da planta de Reganosa na ría de Ferrol logo das sentenzas do Tribunal Supremo anulando a licenza de instalación, esta é a “punta do iceber”g dun goberno en funcións “dedicado en exclusiva a defender intereses privados, igual que fixera coa prórroga a ENCE en Pontevedra, e favorecendo unha infraestrutura ilegal que pon en serio perigo a toda a poboación da comarca de Ferrolterra”.

A coalición de esquerdas cualifica o acordo de “auténtica golfería” por parte dun Consello de Ministros que “de xeito inaudito desoe non só á cidadanía senón tamén os reiterados fallos dos tribunais de xustiza, que tumbou a autorización da planta ao considerar que non cumpría os requisitos para realizar a actividade no lugar no que está”. "O Goberno prevarica, vulnerando as sentenzas e a lexislación vixente en aras de defender os intereses de Reganosa", denuncia a deputada ferrolá Yolanda Diaz.

A ministra de Fomento, pola súa banda, defendeu a decisión. Ana Pastor asegura que a luz verde excepcional concedeuse con todos os informes técnicos e xurídicos a favor. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

4 cachamuínha

Sen Ence, Reganosa, as Termicas, e os eucaliptais que acaban con todo, claro que estaría millor Galicia

3 Pinos

Tampouco hai que escandalizarse. Amàis, o próximo goberno tamén será do PP. Xa sabemos que Galiza estaría mellor sen Reganosa, Ence, Citroen, Inditex, Inespal, Coren, Navantia e algunha máis, non moitas. Galiza é un verxel verde con mil ríos para disfrutar do prácido luar, das altas cumes e escuros arume arpados. Pero que lle imos facer. O PP e o PSOE son os que mandan. Con Beiras acabarianse as industrias contaminantes: todas.

2 Gallego

Muy sospechoso, pero no sé porque me da que el resultado habría sido el mismo de estar el PSOE en el gobierno, con el apoyo entusiasta del BNG. El que lo dude que recuerde el apoyo bloquero a la ministra Maleni, la del "Plan Galicia de m ierda".

1 a tahona

E que dí o BNG de esa resolución do Goberno do PP?

2 antón de guizán

Esto é o que dí Beiras e En Marea "Para En Marea, que reclamou no Congreso dos Deputados a paralización e o desmantelamento da actividade da planta de Reganosa, a decisión adoptada polo Consello de Ministros "é a punta do iceberg dun goberno en funcións dedicado en exclusiva a defender intereses privados, igual que fixera coa prórroga a ENCE en Pontevedra, ". "O Goberno prevarica, vulnerando as sentenzas e a lexislación vixente en aras de defender os intereses de Reganosa", sinala.". Por si non o sabes Beiras estivo apoiando aos Veciños de Mea cando estiveron pechados no Concello de Mugardos en contra de Reganosa. O Alcalde de Mugardos era Barcia da UPG. Es un baballas

3 Baballas ti taparrabos

Beiras lo mismo te dice una cosa que la utra. Beiras apoiou a planta de gas e logo cando lle conviña dixo como que estaba en contra. O que diga el ten tanta validez como o que digades os seus hinchas. Non se pode saber cal é a vosa opinión real sobre nada. Cero.