Temas: MAREAS

"Correspóndelle ás mareas municipais vertebrar a marea galega"

Un mes despois do proceso de confluencia posto en march por Equo e Espazo culmina o proxecto para crear un "referente galego do ecoloxismo político, ecofeminista e ecopacifista". Hoxe sábado celebráse en Santiago a Asemblea Constituínte de "Espazo-Equo" baixo o lema “reverdecendo a esquerda, enraizando coa xente”.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/05/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Nace desta confluencia o que os promotores denominan cooperativa política, con formato legal de federación de partidos. O novo ente político está formado, segundo os participantes, por uns 300 membros e 600 simpatizantes.

Acto político de Espazo
Acto político de Espazo

Este novo espazo "verde" é xa unha forza con presenza institucional nas candidaturas de unidade cidadá municipalistas, por exemplo Equo ten un concelleiro no goberno da Coruña e Espazo outro en Compostela.

Espazo-Equo está a xogar un papel relevante precisamente na converxencia das mareas locais para as autonómicas. O colectivo aposta por superar as "divisións preexistentes sustentados en posicionamentos ideolóxicos pechados".  Na súa opinión  “correspóndelle ás Mareas Municipalistas, agrupadas en Mareas en Común, ser o elemento vertebrador do proceso da marea de carácter nitidamente cidadá que poida sumar ás forzas partidarias quedeberán diluír a súa praxe para que non haxa ningunha dubida sobre o seu escrupuloso respecto ás decisión do colectivo común.”

A asemblea (na sede de Compostela Aberta, na Praza do Toural) será aberta polo alcalde de Compostela, Martiño Noriega (militante ANOVA), e no acto de clausura participarán como convidados representantes de Mareas en Común, ICV e EQUO Federal, así como diversos colectivos sociais e de defensa do ben común.

Asemblea de EQUO Galicia, 23 de Xaneiro 2016. Santiago de Compostela
Asemblea de EQUO Galicia, 23 de Xaneiro 2016. Santiago de Compostela
Rolda de prensa de Espazo-Equo
Rolda de prensa de Espazo-Equo
Temas: MAREAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Comezo a estar máis que perdido... Mareas en Común / En Marea / Marea de Vigo 3 persoas distintas...? Antes de seguir coas subdivisións case mellor asinar para que NON SE PERDA NINGÚN VOTO polo camiño... https://www.change.org/p/a-unidos-p...

1 anonimo

Tarifa eléctrica galega, banca publica galega, medidas para solucionar o problema demográfico e fomento da lingua galega en empresas asi como a posibilidade de ver os canles portugueses en Galicia. Estas medidas deberían estar incluidas nas Mareas si é que queren defender os intereses galegos. E por suposto, deberían defenden unha Federación Iberica con Galicia como un dos estados federados e moeda propia (o euro levanos a ruina o sur de Europa). Iberismo, soberanía, defensa da lingua propia, industrialización, os recursos naturais galegos ao servizo dos galegos ,etc.