Temas: EMPREGO

Alertan da "arbitrariedade" nas inminentes oposicións á Xunta

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F) lamentou que empecen as oposicións da Xunta "sen que Función pública cumprira o seu compromiso" de establecer "unhas instrucións que eviten a arbitrariedade existente nos tribunais de selección".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 28/05/2016 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

 Cómpre lembrar que o Goberno Galego comprometeuse a organizar os exames da OPE de 2013 antes de que comece o vindeiro verán. De feito, o venres publicábase o tribunal que avaliará a quenda libre. Máis avanzados están os trámites para promoción interna, que probablemente terá os seus exames en xuño.

Exames de oposicións en Silleda
Exames de oposicións en Silleda | Fonte: actualidad.es

 Ante a inminencia dos exames, o CSIF lembra nun comunidado que quedou "patente" en "numerosas sentenzas" do Tribunal Supremo (TS) e do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o que deixa "nunha total indefensión" os miles de opositores que se presentan.

 Para o sindicato, é "evidente" que a Xunta "non ten ningún interese" en que os procesos selectivos "se desenvolvan con transparencia e con total obxectividade", xa que despois de transcorridos seis anos das primeiras negociacións e de que estas se volvesen retomar recentemente por insistencia dos sindicatos, "se volveron paralizar".

 Unha paralización efectuada, asegura a central sindical, despois de facer públicas CSI-F "varias sentenzas nas que se alertaba dunha total falta de control e de arbitrariedade" nos tribunais.

 Nesta conxuntura, CSI-F aludiu aos "oídos xordos" da Xunta non só ante as denuncias deste sindicato, que reclamou, entre outras vías garantistas dos procesos selectivos, a creación da figura do "observador da legalidade", senón tamén do PSdeG e do Grupo Mixto, que se fixeron eco das denuncias e da proposta de CSI-F no Parlamento.

 Ademais, esgrimiu que se sumaron á esixencia desta figura o resto de centrais sindicais, UGT, CC.OO. e CIG.

Temas: EMPREGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta