Derrotar ao PP é a “prioridade absoluta” de ANOVA e Beiras

O socio nacionalista de En Marea aparca a polémica con Podemos e Esquerda Unida para lograr unha “unidade popular real”. Agora ben, Beiras advírtenlle que a súa paciencia ten límites.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/05/2016 | Actualizada ás 15:42

Comparte esta noticia

A Coordinadora Nacional de Anova-IN reuniuse hoxe sábado, 28 de maio de 2016, en Teo. O partido de Xosé Manuel Beiras lanzou unha mensaxe ambivalente aos seus socios de En Marea. Por unha parte, de apoio, chamando a contruír a coalición dende a base. Por outra, de distanciamento, advertindo que entre esas mesmas bases existe a demanda dunha “democratización e territorialización de En Marea, para facer desta confluencia un ente moito máis participativo, moito máis plural, no que funcione a democracia de base e o asemblearismo no sentido estrito”.

Coordinadora Nacional de Anova o 28 de maio de 2016
Coordinadora Nacional de Anova o 28 de maio de 2016

Xosé Manuel Beiras expresou esta demanda dunha “unidade popular real” advertindo que aos seus socios que ANOVA ten “límites”. “Hai límites éticos, está claro?”, incidiu en declaracións aos medios tras a reunión. 

O líder dos nacionalistas dixo que a coalición non está en perigo pero repetiu que os outros socios -Podemos e Esquerda Unida- deben avanzar tamén no proceso de institucionalización de En Marea como suxeito propio. Proceso que ANOVA quería plasmar nun partido instrumental para as xerais. Un obxectivo ao que final tivo que renunciar malia ser o preferido pola súa militancia. Para Beiras isto supón unha contradición co discurso “de asamblearismo, de libre decisión, de decisión dos pobos e de que o pobo é o que máis ordena".

"O que pasa é que temos que ser moi conscientes de que hai un inimigo común que hai que derrotar. Anova opera con este criterio e damos exemplo e, por tanto, os demais cadros políticos, aqueles que non operen así, é a súa responsabilidade. Nós apostamos pola unidade popular e non está en perigo a unidade popular”, declarou o veterano político quitándolle ferro a situación.

En definitiva, ANOVA parece disposta a implicarse na campaña de En Marea pero non oculta que está decepcionada coa postura dos seus socios. Lastrará isto os resultados? Beiras responde que repetir o éxito do 20D o vindeiro 26 de xuño "depende de facelo ben, de que funcionemos en cooperación entre todos os sectores, organizados ou non, e que nesa pluralidade teñamos moi claro o inimigo para bater e a prioridade absoluta".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

20 Xaquín

A prioridade da UPG é atacar a En Marea

1 carballo

Certo a Upg penosa, pero a prioridade de En Barrena é facer o ridículo

2 Murciano

Normal que unha das prioridades( non a máis importante ) da UPG sexa atacar a Marea, son os culpables de acabar có nacionalismo galego e facer baixar a Galicia a segunda división das prioridades do estado, a Marea-Podemos chegou a dicir que Galicia é igual que Extremadura ou Murcia.

19 Currante

www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2016/04/24/plantilla-parque-maquinaria-cobraba-12000/1447972.html Por que nom podes nada disto GConfidencial, será que igual CCOO vos quitan os cartiños que os vos dan

18 Hips

A prioridade é salvar os postiños porque como Podemos se enfade non salvades ningunha liberación. Deixade de xogar con lume

17 ...mais un ovo.

O vello dí que ten limites (os oportunistas nunca teñen mais limites que a falta de oportunidades de venderse), o que sí é seguro, que tanto o vello coma os seus mariachis e novos amos trotskistas, non teñen principios. Ou mais principios que os de Marx (Groucho)...se non lle gostan, teño outros. Alguén ten que decirlle ao vello que non ten un traxe novo...son o paso dos anos que nalgúns fan estragos. Os anos e as confluencias polos...

16 Turple

Vendo a foto xa se ve o impresionante nivel "rup-turístico". Pobre Beiras, pero din que non hai mal que por ben non veña.