A Marea Atlántica pedirá o voto para En Marea, pero non participará na súa dirección

Este apoio a medias á coalición reflicte as diverxencias sobre o modelo de confluencia da esquerda galega. Os coruñeses consideran incumpridas as promesas de "apertura" de En Marea e son un dos principais motores da confluencia municipalista Mareas en Común.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 28/05/2016 | Actualizada ás 17:35

Comparte esta noticia

A Asemblea da Marea Atlántica acordou esta semana, por consenso, pedir o voto para a candidatura de En Marea ás eleccións xerais do 26 de xuño, por entender que comparte obxectivos e espazo político coa plataforma municipalista coruñesa. Por maioría simple  decidiu tamén participar na campaña electoral.

Asemblea da Marea Atlántica
Asemblea da Marea Atlántica

Polo contario, a maioría dos asemblearos rexeitaron onte integrarse na mesa coordinadora da coalición formada por Podemos, Anova e Esquerda Unida. A Marea Atlántica asegura que fora convidada a participar nela con voz pero sen voto, ao igual que outras iniciativas de carácter local das das sete cidades galegas. Os coruñeses consideraron a oferta "insuficiente a oferta para poder participar con garantías en En Marea".

Deste xeito, a Marea Atlántica renova o acordo que tomara para as anteriores eleccións xerais. Di que o fai "por responsabilidade" e malia que "as promesas de apertura de En Marea, realizadas hai seis meses, nunca chegaron a materializarse".

A Marea Atlántica é un dos principais impulsores do proceso Mareas en Común, co que ducias de candidaturas municipais tentan unirse para presentar unha confluencia ás autonómicas deste outono.

 

Este proceso remataou a fase de propostas iniciais, na que se recibiron 21 achegas: oito sobre o proceso de primarias, cinco para a organización interna da confluencia, catro para o código ético que deberán seguir os cargos electos e outras catro sobre a forma de goberno que se levará a cabo na Xunta de Galicia e os posibles pactos con outras forzas políticas.

 

A Marea Atlántica informa que os grupos redactores traballan agora "para mellorar, modificar e transaccionar as propostas similares". Serán debatidas polo plenario, en persoa, na seguin asemblea o 5 de xuño.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Bernardo

En Marea é o Ponto de encontro o Meeting point da politica galega.Quen falou de que non se abriu.Sigue aberta ao medre.As mareas municipalistas deben confluir.Demostrouse en anteriores convocatorias electorais.AGE,AGE E,MAREAS MUNICIPALISTAS,EN MAREA...Se Podemos ou EU se desmarcan por personalismos de alguns diputadxs electos,serán coma os partidos da «casta»'.O pobo non perdonará.As primarias internas e a revogacion son os antidotos.Estaremos ao loro.

1 Pragmático

Máis casta e estòmago agradecido que hai en Anova (e no Bng) non creo que haxa neses que dis, EnMarea é un fraude que vai de unidade popular cando é un acordo entre cúpulas a golpe de dedocracia. Os das mareas municipalistas é para darlle de comer a parte, hai algunha boa xente ai, pero tamén moito friki, moito que vai por un carguiño e que ten que estar en todo, en fin...todo é máis do mesmo...hai Feijoo para rato por desgraza.

1 Gamela

Antes de seguir adiante coas subdivisións, sería bo lembrar que Austria zafou da ultradereita por un puñado de VOTOS! Aquí temos algúns Votos Roubados que deberamos reclamar! https://www.change.org/p/a-unidos-p...