ESPAZO-EQUO tamén dá o seu apoio a En Marea

Estes partidos constitúense nunha Cooperativa Política Galega do Ecoloxismo Político. Lamentan que “as forzas partidarias colonizaron o espazo de En Marea", en alusión a EU, Podemos e Anova.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/05/2016 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

EQUO Galicia e o Consello Dinamizador de ESPAZO ratificaron por unanimidade o documento de confluencia entre as dúas forzas políticas asumindo que neste tempo o papel da política debe ser o da participación cidadá a titulo persoal “entendendo o papel dos partidos políticos como espazos para o acompañamento das activistas e de propostas de definición de relato e de liñas estratéxicas fronte ao compartimento estanco electoral competitivo propio da vella política.”

Asemblea de EQUO e Espazo Ecosocialista que decidiron unirse nunha Cooperativa Política Galega do Ecoloxismo Político
Asemblea de EQUO e Espazo Ecosocialista que decidiron unirse nunha Cooperativa Política Galega do Ecoloxismo Político

Ademais, ESPAZO-EQUO entende que correspóndelle ás Mareas Municipalistas, agrupadas en MAREAS EN COMÚN, "ser o elemento vertebrador do proceso da MAREA de carácter nitidamente cidadá que poida sumar ás forzas partidarias que deberán diluír a súa praxe para que non haxa ningunha dubida sobre o seu escrupuloso respecto ás decisións do colectivo común.”

Por iso, a nova forza apoia a iniciativa Marea Viva, proposta por MAREAS EN COMÚN, "como único espazo de construción de unidade popular sustentada no principio de democracia radical de“unha persoa, un voto en pé de igualdade, sen controles de cúpulas ou intereses de parte e ao que se poden incorporar colectivos políticos e sociais".

Así o decidiron estas dúas formacións nun encontro que tivo lugar esta fin de semana e no que decidiron constituírse nunha Cooperativa Política Galega do Ecoloxismo Político, con formato legal de federación de partidos, que integra a 300 membros e 600 simpatizantes e que estará aberta á adhesión de persoas que non formen parte nin de ESPAZO nin de EQUO.

Neste encontro, no que participaron 60 persoas afiliadas e simpatizantes de ambas formacións, tamén se aprobou a alianza para o estado entre Podemos, IU e EQUO, así como o resto das confluencias periféricas en Catalunya, Pais Valencia e Catalunya.

Sen embargo, no caso galego, ESPAZO-EQUO foi moi crítico coa deriva de En Marea  lamentando que  “as forzas partidarias colonizaron o espazo de En Marea e apropiáronse do seu capital simbólico, en lugar de asentarse como un espazo transfronteirizo e plural". "O ámbito  de  decisións quedou reducido aos tres partidos coligados e as mareas municipalistas relegadas a mera base militante", criticou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Bernardo

En Marea non colonizou nada.A adscripción debería ser individual e primarias abertas como propón Anova, máis outros non quixeron de momento.De todos xeitos mellor é iso que nada.Benvidos a clube En Marea ,a panca definitiva pra chimpar ao PP da Xunta.

1 6sGX

Os procesos municipalistas non son o único que se move no pais. Para as eleccións galegas o proceso ten que ser integrador de todos/as os que están na onda. Galicia non é un concello nin unha suma de políticas municipais. Galicia somos un ente que supera iso.