Tellado dispara contra Leiceaga, a quen acusa de ser un "kamikaze"

Denuncia que o novo candidato socialista é o "candidato oficialista" e critica que poida chega a un acordo con Beiras e as mareas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/05/2016 | Actualizada ás 18:30

Comparte esta noticia

Os populares xa teñen argumentos para criticar aos socialistas e non tardaron nin 24 horas en facelo tras as primarias do PSdeG do sábado. Se hai uns días nin Feijóo, nin Rueda querían pronunciarse sobre o proceso, este domingo era o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, o que non tivo reparos en cargar duramente contra o gañador, Xoaquín Fernández Leiceaga, e cambiar os argumentos dos seus propios compañeiros de partido.

Miguel Tellado
Miguel Tellado | Fonte: ppdegalicia.com

Así, destacou que o PSdeG "por fin xa atopou un kamikace para encabezar a candidatura que vai obter o peor resultado da historia do Partido Socialista en Galicia no próximo outono" en referencia a Leiceaga, que este sábado se impuxo a José Luís Méndez Romeu.

Neste sentido, o número dous dos populares galegos augurou que "a candidatura que encabece Leiceaga vai obter o peor resultado, que até agora ostenta Abel Caballero, no ano 1997. "Todo fai prever que o señor Fernández Leiceaga vai empeorar esa marca histórica", manifestou.

Así mesmo, cualificou de "curioso" que "o maior reto político de Leiceaga sexa ser hipotético vicepresidente dun hipotético goberno encabezado polo señor Beiras e que deixa moi clara cal é a situación de deriva do Partido Socialista en Galicia".

Ademais, destacou que "o gran derrotado destas eleccións primarias" é "Abel Caballero" cuxo liderado, ao seu xuízo, quedou "esnaquizado". "Non hai Dinoseto que repare a súa honra despois desta derrota de primarias", pronunciou.
 
Pactos

Na súa intervención, o numero dous do PPDeG incidiu en que nestas eleccións primarias había un candidato "que quere pactar con Podemos" e outro que o rexeitaba. "O que gañou foi o que está disposto a facer presidente a Beiras e o que cre que é bo facer presidente a Pablo Igresias, e ese é o señor Leiceaga e que dá boa mostra da deriva na que se atopa o Partido Socialista".

O dirixente popular tamén abundou en que "non deixa de ser curioso" que o PSdeG "busque nun ex dirixente do BNG ao seu candidato para as próximas eleccións autonómicas" o que, na súa opinión, demostra que o Partido Socialista converteuse nun autentico bipartito en si mesmo" e que desde o seu punto de vista "Galicia pinta bastante pouco neste proxecto, eu non lles escoite falar de Galicia ao longo das últimas semanas e por tanto ocupa un papel residual para o Partido Socialista".

Tellado tamén catalogou a Leiceaga como "o candidato oficialista, bendicido por Pedro Sánchez e que vai permitir que Besteiro siga sendo a man que mece o berce desde a sala de espera dos xulgados de Lugo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Pepe Garçia

Dispara? Que medo. Non creeis que esa linguaxe tan subliminalmente esaxerado voso é desmasiado? A verdade é que Tellado é lamentable, lóxico en quen tivo tan boas relacións coa CIG, pero sodes un pouco esaxerados á hora de mesturar opinión e información sobre o PP.

1 Gamela

Derivar o que se dí derivar... derivará el niño de Peares! E mañá luns rematará a faena cando no Concello de Vigo se aprobe por maioría absoluta o novo Regulamento Autocrático do Dictador Abel !!! Non é raro que o PP bote de menos ter un autoritario coma interlocutor... Pero en Galicia rematou o tempo do nepotismo! Van sendo horas de pasar páxina!!!

1 Gamela

La privativa democracia de Abel // Hay líneas rojas que jamás se debieron traspasar y confiamos que ésta sea la señal que necesita Vigo para darles una hermosa patada en el culo y pasar página de lo que fueron estos 9 años de mentiras y medias verdades con las que un autócrata asaltó la casa de los ciudadanos y, gracias a su mayoría absoluta, secuestró y compró la voluntad de un pueblo! Si mañana votan a favor del secuestro de la democracia le darán a Abel todo el poder y la gloria de su digno dictador! Vigo no merece tanta Indignidad! http://www.lavozdegalicia.es/notici... Coa democracia NON se xoga!!!