A Xunta destina outros 2,3 millóns de cartos públicos en plena precampaña electoral

Desta volta o diñeiro dos galegos vai para anuncios en televisións, xornais, radios, revistas e suplementos, edicións dixitais e publicidade exterior dos recursos naturais e culturais de Galicia no 2016. O Goberno galego leva xa comprometidos no que vai de ano máis de sete millóns de euros en propaganda.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 31/05/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Estamos nun ano dobremente electoral e a Xunta multiplica as axudas e subvencións aos medios de comunicación. No que levamos de ano xa son máis de sete millóns de diñeiro público que o Goberno galego destinou a convenios publicitarios. Uns cartos aos que se lle sumaron, a pasada semana, máis de 2,3 millóns nunha nova campaña de Turismo.

Feijóo con Nava Castro na promoción dun evento turístico
Feijóo con Nava Castro na promoción dun evento turístico | Fonte: Xunta.gal

Desta volta, trátase dun novo concurso para a elaboración, produción e plan de medios da campaña de promoción dos recursos naturais e culturais de Galicia no 2016. O obxecto é impulsar un conxunto de estratégias e accións de comunicación "coa intención de manter a sensibilización da poboación galega, nacional e internacional así como aos sectores implicados sobre os valores do turismo en Galicia" en distintos medios de comunicación.

Para iso, a Xunta destinará 2.430.000 euros, dos cales 16.380 serán para a axencia que xestione a campaña en concepto de comisión e 2.323.000 para o plan de medios que recolle anuncios en televisións, xornais, radios, revistas e suplementos, edicións dixitais e publicidade exterior.

Este concurso é a continuidade doutro que Turismo xa licitou en marzo deste ano. Daquela eran 750.000 euros; 450.000 euros para campañas publicitarias para promocionar, tamén, os recursos naturais e culturais de Galicia durante a Semana Santa deste ano, especialmente, a través de Internet e as redes sociais, e 300.000 máis para impulsar festas e actos culturais de interese turístico que se celebraron nesas mesmas datas.

Sospeitas

Precisamente, as contratacións de Turismo están baixo sospeita. Das 94 contratacións realizadas nun ano, 54 foron sen publicidade e só 31 saíron publicados no DOG.
Por iso, o portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, alertaba hai unhas semanas do gran número de contratacións se publicidade deste departamento da Xunta dependente de Feijóo.

Xa a final do pasado ano, e tamén en plena campaña das pasadas xerais, que agora se repiten, Turismo anunciaba a licitación de 4 millóns de euros, só, para un convenio concreto.

O obxectivo da campaña era a "contratación dun servizo integral para a elaboración e execución de campañas de turismo no ámbito galego, nacional e internacional durante o 2016". Un dos principais obxectivos era o Camiño de Santiago, pero este convenio para 2016 recollía tamén campañas especiais polo "Entroido, Semana Santa, Ponte de Maio, verán ou outono" co obxectivo de "promover a difusión e coñecemento dos valores e principios propios de Galicia", o "patrimonio histórico e natural de Galicia" e o fomento do "destino Galicia tanto en turismo interior como exterior".

Máis de 13 millóns

Desde que comezou o 2016, os plans, contratos ou licitación de convenios de publicidade ascenden a máis de sete millóns de euros. Unha cifra moi elevada posto que só transcurriron cinco meses dun ano no que hai dobre cita electoral; unhas xerais o 26 de xuño e unhas autonómicas no outono. Este diñeiro súmase aos 6,5 millóns en propaganda que a Xunta xa gastou na segunda parte do pasado ano, coincidindo tamén coa convocatoria electoral das pasadas xerais. En total, en menos dun ano a Xunta leva comprometidos máis de 13 millóns en publicidade nos medios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

5 Un que sabe de que fala

Poñer en dúbida que a Xunta de Feijóo reparte cartos a mansalva con fins electorais e tanto como querer tapar o sol cun dedo.Falar de difusión cando en Galicia existen ducias de xornais que no seu conxunto teñen máis difusión que moitos diarios e non perciben unha perra chica, das de antes, é ter unha mala baba asquerosa. É humano defender a un partido supostamente democrático; pero é insultante cualificarnos aos demáis como ignorante e desinformados. Hai que dedicar hjoras a estar debidamente informado e non a chutarse ou xogar a brisca.

4 Bufffff

Pódedevos poñer mirando pa Venezuela pero ten razón o Soa raro. Uns medios financiaos a Xunta, e a vós danvos cartos as Mareas (Dios as confunda, debidamente). Por outra banda, a publicidade ponse onde se le, e o galego lémolo tres frikis; a xente, incluso galego falantes, é preguiceira á hora de ler en galego, así que a difusión en medios como este sería incomparablemente menor que na Voz, no Faro, ou na TVG, moi vista no rural. Non tedes razón.

3 Soa raro

Pero Galicia Confidencial tamén recibe "cartos dos galegos" a través de publicidade, concretamente do Concello da Coruña, Concello de Lugo, Concello de Santiago, Concello de Lalín, Deputación de Pontevedra... ¿Non?

1 remo

troll pepeiro subvencionado cobrando e participando da mamandurria, defendendo a corrupción e o ladronicio que nos fai a todolos galegos a organización de delincuentes e mafiosa

2 Castelán subsidiado

A publicidade institucional non son subsidios, é publicidade. A diferencia é que os diarios en castelán reciben esa morea de cartos por "fomentar o galego" e publican en castelán, mentres que os diarios que fomentan o galego non reciben un can. E ademais diso, a publicidade institucional deses diarios en castelán é proporcionalmente esmagadora. O castelán é unha lingua totalmente subsidiada.

3 Soa raro

Cando a publicidade é do PP son "subsidios".Cando a fai as mareas, xa non son subsidios, é "publicidade institucional". Todo pola xente e o ben común, iso si jajajajajajajajaja

2 Calvo

Unha vergoña!. Tamén lle queren devolver a paga extra ós funcionarios. Electoralismo. Os traballadores públicos renunciarían a ela a cambio de acoller a inmigrantes.

1 anonimo

¿Esta en risco a paz mundial?. ¿Temos motivos para estar preocupados na peninsula ibérica?. Por favor buscade todos en youtube o video co titulo seguinte: "Astronomía Sagrada y Fin de los Tiempos: La invasión de Gog - video 8"

1 anonimo

E posteriormente buscade en Google a noticia seguinte: "España presiona a Rusia forzada por la OTAN y contra sus propios intereses"

2 anonimo

Molestadevos en leer ese articulo en Público.