A líder de Podemos en Galicia sae en defensa de Beiras

Cre que o líder de Anova sería un bo candidato á Xunta e entende o seu enfado porque "foi moi xeneroso nas súas concesións". Tamén ve unha "boa noticia" a vitoria de Leiceaga e espera que "se poida impoñer aos baróns máis tradicionais".

Por Galicia Confidencial | Vigo | 29/05/2016 | Actualizada ás 20:02

Comparte esta noticia

O veterano líder nacionalista, Xosé Manoel Beiras, segue sendo o centro de atención da coalición En Marea. Se hai unhas semanas era a lider de EU en Galicia, Yolanda Díaz, quen o quería xubilar, desta volta, ao líder de Anova saíulle un apoio importante da outra parte desa coalición, de Podemos.

Carmen Santos Queiruga, ex secretaria de Estratexia Política de Podemos-Galicia
Carmen Santos Queiruga, ex secretaria de Estratexia Política de Podemos-Galicia

E é que a secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, a diferencia do manifestado pola coordinadora nacional de EU, cre que Beiras sería un bo candidato á Xunta. "Beiras é un político excepcional, e se do proceso el fore o elixido, será a persoa que imos avalar todos", dixo.

Con todo, tampouco descartou outros candidatos, como o maxistrado Luis Villares, de quen dixo que ten unha "traxectoria brillante" ou ela mesma. "Eu estou aquí para facer o papel que a maioría determina, se a maioría pensa que eu son a persoa máis axeitada para facer esa política que beneficie os cidadáns, pois faría esa aposta, aínda que sexa un sacrificio persoal moi grande", dixo.

Sobre os problemas dos últimos días en En Marea, a conta das listas para o Congreso ou da formación ou non dun partido instrumental para as xerais, Santos recoñeceu diverxencias, pero confirmou que non irán máis alá. "Non hai risco de ruptura, hai discrepancias lóxicas porque non ten sentido que sexamos idénticos. O que si está claro é que o obxectivo común está a primar a eses pequenos matices que no que nos diferencia multiplica o efecto de En Marea", manifestou.

E, neste sentido, dixo entender as críticas de Beiras respecto á forma de operar dalgúns dirixentes de EU e Podemos. "Todos teñen que ceder", apuntou ao tempo que defende ao voceiro de Anova porque, suliñou, foi "moi xeneroso nas súas concesións".

Xosé Manuel Beiras con Carolina Bescansa e Carmen Santos, de Podemos, e Eva Solla, de EU
Xosé Manuel Beiras con Carolina Bescansa e Carmen Santos, de Podemos, e Eva Solla, de EU | Fonte: EP

Leiceaga, boa noticia

Por outra banda, Santos considerou que a vitoria de Xoaquín Fernández Leiceaga --quen este sábado foi elixido polos militantes do PSdeG como candidato do partido á Presidencia da Xunta-- supón "unha boa noticia". "Escoitar certos baróns socialistas do aparato era sumamente preocupante, pero non só por facilitar un goberno do cambio en Galicia, senón o que supón, tamén para a cidadanía, certas mensaxes rancias que estaban a lanzar, que parecen de hai 40 anos", explicou.

Nunha entrevista en Cadena Ser, Carmen Santos mostrou a súa satisfacción pola vitoria do economista. "Estamos satisfeitos no sentido de que empece a haber xiros dentro do PSOE e (de) que Leiceaga se poida manter firme".

O que espera a secretaria xeral de Podemos Galicia é que "non lle pase" como ao candidato socialista a Presidencia do Goberno, Pedro Sánchez. Referiuse a que "a parte máis rancia" do partido a nivel estatal "non lle deixa gobernar" dentro da súa propia formación: "Así que esperamos que en Galicia non aconteza o mesmo e Leiceaga se poida impoñer aos baróns máis tradicionais do PSdeG".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

8 una de podemos

Gracias señor Jose Manuel por abrirnor el camino en esa región del noroeste y permitir que nuestros mandatarios madrileños se instalen comodamente en sus instituciones. Le pagaremos una mariscada en El Grove.

7 Carlos1

Devolvendo o favor da inscripción masiva da xente de anova en podemos para apoiala nas primarias.

1 Agetas das targetas

Masiva e Anova na mesma frase.....

6 Loureiro

Yolanda Díaz, como fai con todo o mundo, utilizou a Beiras para medrar e ir ó Parlamento Español e ,como fai sempre, deixalo tirado cando consegue o seu obxectivo. En Ferrol sabemos moi ben as MALAS ARTES de Yolanda Díaz

5 AISHA

A DEMOCRACIA TEN QUE SER DE VERDADE, CON PRIMARIAS ENTRE OUTRAS COUSAS. Beiras é un magnífico candidato, o que mellor que pode encabezar unha candidatura de éxito. O futuro Presidente de Galicia. Él o merece e os galegos tamén. Yolanda Días é un problema; onde está empozoñenta. Representa a vella política que non queremos: control partidario, mentiras, deslealtade, (a sucia política). Hai que demostrar entre todos/as que estas prácticas non se admiten na nova xeira.

4 Sesese

E veña funcionarios pasándose a políticos. Por que será?

1 Javier

Non te queixes que tamén hai millonarios como a Bescansa. Todo o mundo sabe que a política é que para os que non dan golpe

2 Sesese

Sobralles tempo. Algún/a si tivera que traballar para comer, non estaría tal folgado