As mareas municipalistas queren crear un partido para as galegas

Tamén hai consenso en que os maiores de 16 deben votar nas primarias, pero mantense o debate sobre a marca: Mareas en Común ou En Marea. Esquerda Unida súmase formalmente a esta iniciativa.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 30/05/2016 | Actualizada ás 13:47

Comparte esta noticia

As mareas municipalistas debaten arestora en aberto e por Internet como presentarse as eleccións autonómicas. A iniciativa Mareas en Común publicou na Rede as 21 propostas formais recibidas sobre catro temas: Metodoloxía de Primarias, Forma de Goberno, Organización Interna e Código Ético.

Reunión das mareas municipalistas na Pobra
Reunión das mareas municipalistas na Pobra | Fonte: @NosPobra

Os inscritos poden intercambiar e votar propostas en liña até o 5 de xuño. Daquela haberá unha asemblea na Casa do Pobo de Marcón, en Pontevedra. Nela presentaranse as propostas finais, sometidas a unha votación final entre todos inscritos posteriormente a través da Internet. 

Dende un punto de vista práctico, o relatorio máis importante é o de Goberno. Del sairá a fórmula, o nome, forma de financiamento e mesmo o xeito de negociar alianzas postelectorais dos municipalistas.

Polo de agora os dous nomes máis propostos son variacións de “Mareas en Común” e “En Marea”. Non se trata dun debate nimio, pois o primeiro fai referencia á propia denominación do grupo dos municipalistas e o segundo a coalición electoral de ANOVA, EU e Podemos Galicia nas cortes. A integración dos partidos neste movemento -bautizado como Marea Viva- segue a ser un dos puntos claves sen resolver.

No que si parece haber un consenso case total é na necesidade de constituír un partido instrumental de cara as autonómicas, pois esta fórmula é citada como válida en todas as propostas remitidas. Con todo, está por ver como senta nos partidos que apoian as diferentes mareas nos concellos. Mentres algúns como ANOVA ou Espazo-Equo están a prol de afondar na confluencia tamén pola vía orgánica, Podemos Galicia e Esquerda Unida negáronse hai nada de implementar ese partido instrumental para concorrer as eleccións xerais.

Encontro en Marín das mareas municipalistas do foro Mareas en Común
Encontro en Marín das mareas municipalistas do foro Mareas en Común | Fonte: Marea de Pontevedra

No eido no que hai máis propostas diferentes e diversas e en como organizar unhas hipotéticas primarias. Até 8 plans diferentes están a ser sometidos a discusión. Todos teñen polo menos unha cousa en común: poderán votar os maiores de 16 anos, malia que a maioría de idade no Estado é nos 18 anos.

Cal é o apoio real que teñen os municipalistas? Polo de agora, os Principios Básicos das Mareas en Común recibiron máis de 1.100 sinaturas individuais. A nivel colectivo, son 33 as organizacións asinantes, entre as que se incorporou recentemente Esquerda Unida.  Non firmaron aínda nin ANOVA, nin Podemos; malia que si están outros partidos como Espazo e Equo, hoxe fusionados. Unha indicación de que aínda queda camiño por recorrer para lograr a  confluencia. 

Mesas de traballo na reunión das mareas en Bertamiráns, Ames.
Mesas de traballo na reunión das mareas en Bertamiráns, Ames.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

10 A Marquesa do Pazo

Todos temos dereito a opinar en politica. Pro o diccionario non indica que opinar sexa insultar. despreciar, difamar. Que alternativa nos presentan Iván, Carballo e compañía? Pore favor, non ocupes espazo na rede se non tes nada que dicir. Fai priopostas reais, posibles ainda que sexan ilusorias, porque a ilusión é precisa para seguir vivindo tanto biolóxica como politicamente.; pero non digas burradas, insultos....Que che vai facer caso así? Ou sodes masoquistas?

9 Souto

Eu pregúntome. De qué falarán estes das mareas municipalistas. Un que di que si a CEE castiga a España, outro que si está contente porque ganhou o Real Madrid, outro triste porque perdeu o Atlético. Un que di que Franco foi mala xente pero que o dos "embalses" estivon ben. Outro que di que si Galicia é unha nación que o dixeron o outro día na tele, outro que di que o PSOE vendeuse, outro que si o caminho de Santiago hai que lhe dar máis pulo. Outro que lhes invita a tomar unhas cervexas en canto remate a discusión...isto non hai por onde colhelo!

8 teucro

postos a nos confederar pra optimizar defensa e politica exterior, melhor faze-lo sem intermediarios com a uniom europea. abonda ja de ligazons superfluas com espanha.

7 anonimo

Non hai futuro para o estado español sin soberania e moeda propia. E para Galiza o mesmo, xa que dentro do estado español Galiza perde: emigracion, problemas demograficos, non nos beneficiamos de ser productores de enerxia, a lingua galega morrendo, salarios e pensions baixas, sectores economicos en crise por non ser ben defendidos na UE, peores infraestructuras, sin sistema financieiro galego, etc. No estado español so contan os intereses (neste orde) de Madrid, Catalunya/Valencia, Euskadi e Andalucia.

1 anonimo

Imaxinadevos unha Galiza soberana que tenda pontes culturais e economicos coa lusofonia, que sexa porta de entrada de Iberoamerica, con banca publica e tarifa electrica galega para atraer inversions, que potencie os seus sectores economicos, que atraia talento galego emigrado... e que aposte por unha Confederacion Iberica de nacions donde cada nacion sexa soberana, mais compartan defensa e politica exterior para ser mais fortes no mundo.

6 anonimo

As mareas son mais do mesmo que PP, PSOE e Ciudadanos. Non falan de ruptura co rexime do 78, nin de republica, nin de soberania para Galiza, nin de sair do euro, nin de nacionalizar sectores estratexicos. Non traballar donde gobernan por crear unha banca publica galega e unha tarifa electrica galega e fan pouco ou nada por crear emprego e por fomentar a lingua galega. Ainda que a alguns non lle guste os nacionalistas son os que mellor xestionan: Pontevedra, Euskadi, Catalunya (a primeira cidade modelo urbanistico e as seguintes autonomias atopanse entre as mais industrializadas).