Cambiamos ou non o fuso horario?

A USC organiza un debate onde expertos, políticos e científicos discuten sobre cal é o horario que máis lle convén ao país.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 30/05/2016 | Actualizada ás 19:13

Comparte esta noticia

Logo do éxito da primeira regueifa de Ciencia en abril sobre a cuestión dos transxénicos, o vindeiro 10 de xuño volve outra sobre a conveniencia ou non de cambiar o noso fuso horario. Dous partidarios e outros tantos detractores do cambio argumentarán as súas posturas nunha sesión que comezará ás 20.00 horas na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.

Francisco Jorquera (BNG)
Francisco Jorquera (BNG)

No equipo a favor do cambio de fuso participarán o portavoz do grupo parlamentario do BNG no Parlamento de Galicia, Francisco Jorquera, e o coordinador internacional da Asociación para a Racionalización dos Horarios Españois (ARHOE) e profesor de Economía e Empresa na UNED, José María Fernández-Crehuet. No bando oposto estarán o catedrático do Departamento de Física Aplicada da USC Jorge Mira e o profesor de Física da Universidade de Sevilla, José María Martín-Olalla.  

‘Regueifas de Ciencia’ é unha iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela financiada pola FECYT que consiste en diversos debates con estrutura tipo Oxford (con moderador, quendas de palabra cronometrados, estrutura por bloques…) sobre cuestións polémicas baseadas na ciencia que se celebran ao largo de 2016. 

Todos participan

A exposición e confrontación de ideas é consubstancial ao coñecemento científico e por iso os debates, ademais de dar a coñecer os argumentos das distintas posicións ao redor dun tema, cumpren unha función de aprendizaxe e enriquecemento na audiencia que participa del. De feito, para comprobar a efectividade desta clase de confrontacións dialécticas, á entrada na sala preguntaráselle ao público –a través dun sistema de voto electrónico– cal é a súa postura inicial sobre o tema a tratar, que será confrontada xusto ao remate do debate. 

O equipo que organiza estes debates, que se retransmiten en streaming dende a facultade, comezou xa a preparar o terreo da regueifa animando a un dabet previo a través das súas contas en Facebook e Twitter (@regueifaciencia).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Abelardo X del Caño

Menos mal que Castela non conquistou USA senón dende Nova Iorque até Seattle terían o mesmo horario.....

1 Juan0110

Deberíamos manter o horario de verán todo o ano. Sen cambios horarios. En inverno faise de noite moi cedo. Duas razóns contundentes: 1) Baixar a taxa de suicidios 2) O custe do propio cambio de hora, eliminalo tamén é aforro enerxético.

1 Españolistas dades noxo

Temos que ter a mesma hora ca Madrid porque se non as nosas elites non poden falar cos seus xefes no mesmo marco horario...