Temas: SERGAS CIG

O Sergas di que en verán pecharán 900 camas

Estima que usará en verán o 87% das ao redor de 7.200 camas que ten porque que a capacidade cirúrxica "diminúe" nesta estación. A CIG denuncia que "serán ao redor de 1.200 camas", parecido a 2015.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 31/05/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) estimou unha previsión de uso para este verán do 87% das ao redor de 7.200 camas que hai nas diferentes áreas sanitarias de Galicia, o que significa que se pecharán máis de 900 camas. Non obstante, o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal, insistiu, en declaracións a Europa Press, que isto non significa que non estean "dispoñibles" para ingresos no caso de ser necesario.

Cadea de profesionais do Sergas diante do CHUS, en Santiago
Cadea de profesionais do Sergas diante do CHUS, en Santiago

Así, explicou que, dentro da programación prevista para este verán, se estimou un uso do 87% do recurso cama. As 7.200 camas son a media que houbo entre xaneiro e abril deste ano e as estimacións fanse tamén tomando este dato como base.

No verán de 2015, segundo a nota de prensa que difundiu no seu momento a Xunta, a previsión de uso foi do 86% das 7.315 camas dispoñibles para o verán (condicionadas as 1.230 da área viguesa ao traslado ao novo hospital, o Álvaro Cunqueiro) e, finalmente, empregouse o 74,9 por cento desa estimación de uso que se fixera. É dicir, o 75 por cento das 6.290 que se determinou deixar abertas.

Para a época estival de 2016, a previsión é manter operativas 6.190 (se se toma como referencia as 7.200 camas que houbo de media entre xaneiro e abril). "Gustaríame insistir en que van estar sempre dispoñibles se se require o seu uso. As camas están aí", abundou.

Vacacións

 Nas explicacións dadas, o director xeral de Asistencia Sanitaria a Europa Pres incidiu en que o ingreso dos pacientes "está garantido", así como as intervencións cirúrxicas urxentes, pero recordou que nesta época do ano se outorgan as vacacións aos facultativos, tamén aos anestesistas.

  Á súa vez, quixo "desmitificar o peche de camas". "As camas non se pechan, en realidade é a previsión de camas que se van usar", argumentou, ao respecto do que esgrimiu que se axusta á planificación e á demanda que hai.

 Preguntado por se non se poden adiantan intervencións na época estival aproveitando esa baixa demanda, esgrimiu que a capacidade cirúrxica "diminúe" en verán porque os anestesistas teñen vacacións e é unha especialidade que "non ten paro" en Galicia, co que tampouco se pode recorrer a "contratar anestesistas con título dubidoso".

 "Se houbese (anestesistas formados por nós no paro si, pero non os hai", argumentou o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas.

Críticas da CIG

Pola súa banda, CIG-Saúde esixiu á Consellería de Sanidade que detalle a publicación de "tódolos peches de camas previstos para este verán" e sinalou que, segundo os datos que foi recibindo das diferentes áreas sanitarias, "será ao redor de 1.200 camas", parecido a 2015.

 "Os grandes complexos hospitalarios pecharán durante este período máis de 200 camas cada un", denunciou a secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, quen avisou de que a área de Vigo, "con todos os problemas que están a padecer, é unha das máis afectadas, xa que ademais de camas pecharán unidades de quirófanos".

 O alto cargo da Xunta defendeu que as reorganizacións do verán tamén reagrupan plantas hospitalarias, o que permite renovar os cuartos e facer un mantemento en maior profundidade que o resto do ano.

Temas: SERGAS CIG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Dr Bacterio

A CIG e os demais sindicatos denuncian nos medios, pero nos hospitais non se moven para nada. María Xosé Abuín leva 25 anos de liberada sindical. XA ESTÁ BEN ¡¡¡¡¡

1 Miquel

É escandaloso que a miña filla ten que pasar moitas noites durmindo adsensei e non nunha cama