“Os galegofalantes aínda carecemos dos mesmos dereitos que os castelanfalantes”

Emilio Xosé Ínsua non esquiva preguntas. Cuestionado sobre o papel da política no galego, cuestiona o uso “partidista” tanto do PP por asumir o delirante discurso de Galicia Bilingüe como “certo segmento do nacionalismo” e as súas “correas de transmisión”. Autor dunha nova monografía sobre as Irmandades da Fala, asegura que aínda perviven os prexuízos que motivaron o seu nacemento e pide a “tirios” e “troianos” que reflexionen sobre a experiencia da xeración que introduciu o galego na escola. O impacto do 'decretazo', as escolas Semente e a visión da lingua entre os seus alumnos son outros temas desta entrevista.

Por Manuel Vilas | Vilanova de Arousa | 01/06/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Emílio Xosé Ínsua López (Viveiro, 1967) é un dos estudosos da Literatura Galega moderna máis prolíficos. Escritor, poeta e profesor de galego no ensino público, ao longo da súa traxectoria, participou en numerosas organizacións (cofundou a Mesa pola Normalización e colaborou en ADEGA, Letras da Cal, STEG, etc.).  

Emílio Xosé Ínsua
Emílio Xosé Ínsua | Fonte: Wikimedia AELG

Baia Edicións acaba de sacar do prelo o seu quinto ensaio publicado A nosa terra é nosa! A xeira das Irmandades da Fala (1916-1931); un completísimo volume que, co gallo do seu centenario, desmiúza o percorrido ideolóxico e político das persoas que foron protagonistas do nacemento da defensa organizada do idioma e do galeguismo político. 

As Irmandades da Fala é un tema clásico na historia do estudo do nacionalismo galego. Que aporta de novo a súa monografía?

Intenta achegar un relato completo, mesmo diría exhaustivo, da traxectoria das Irmandades, non centrado unicamente no plano político (máis que ben estudado xa por Beramendi, Núñez Seixas, Vázquez Souza, Antón Capelán, Xavier Castro, etc.), senón abranguendo tamén a reivindicación idiomática, o labor doutrinario e o inmenso traballo cultural e xornalístico que despregaron.

En certos capítulos corríxense algunhas interpretacións mistificadoras preexistentes e noutros achéganse dados descoñecidos ata o de agora, que permiten interpretar ou entender máis cabalmente a dinámica interna das Irmandades nalgúns instantes digamos “chave”. En todo caso, trátase dunha obra con evidente vocación enciclopédica, unha monografía que bebe de moitas fontes e tenta explicar a fondo a historia desta entidade tan decisiva na historia do país.

Portada de A nosa terra é nosa! A xeira das Irmandades da Fala
Portada de A nosa terra é nosa! A xeira das Irmandades da Fala | Fonte: Baía Edicións

Unha das iniciativas chave das Irmandades foi a creación das "Escolas do Insiño en Galego" para rematar coa marxinación do idioma no sistema educativo. Hoxe son consideradas un exemplo inspirador por varios colectivos organizados ao redor das escolas Semente. Son comparábeis as situacións daquela e a de hoxe, onde o galego é parte do currículo oficial?

As “Escolas do Ensiño” foron unha iniciativa tan ben orientada como, no entanto, limitada no seu decorrer: só existiron na Coruña, só daban traballo a dous docentes (Casal e Acuña) e, por último, só albergaron uns escasos douscentos rapaces ao longo de varios anos. Eran, nese sentido, unha pinga de auga no mar educativo desa época. Serven hoxe, sobre todo, como referente simbólico, como proba evidente de que era posíbel, daquela coma hoxe, outro modelo de ensino máis sensíbel á lingua e ao país que o que existía oficialmente.

Paréceme ben toda iniciativa privada no ámbito escolar que dea relevancia ao uso e aprendizaxe da lingua de noso, mais tamén entendo que o ideal a que debemos aspirar como colectividade é que o sistema público de ensino outorgue ao galego o lugar que lle corresponda como lingua propia do país, en todos os colexios e para todo o alumnado. A nivel particular, como docente e como afiliado do STEG, esa é a miña loita.

Visto con perspectiva histórica, acertaron as Irmandades a disolverse no seo do Partido Galeguista?

Non creo que interese tanto un xuízo de valor sobre se as Irmandades “acertaron” ou non disolvéndose no seo do PG (calquera opinión ao respecto chocaría coa evidencia empírica de que o fixeron, efectivamente), como, pola contra, unha análise pormenorizada, que é a que intentei plasmar nos capítulos correspondentes do libro, sobre como afrontaron as Irmandades, debates incluídos, ese período tan intenso politicamente da “Dictablanda”, a proclamación da 2ª República, as eleccións a Cortes Constituíntes, o debate constitucional republicano, etc. 

Na VI Asemblea, en abril de 1930, as Irmandades non se deron posto de acordo sobre a liña estratéxica a seguir. O grupo coruñés, o máis importante e numeroso con A. Villar Ponte, Ánxel Casal, Alfredo Somoza, Vítor Casas, etc., apostaba por facer que o galeguismo participase da O.R.G.A. para loitar pola república federal, entanto outros sectores, liderados por Castelao, Risco, Otero e Paz Andrade receaban da definición republicana, desconfiaban do liderado de Casares Quiroga e apostaban organicamente por constituír unha miríade de agrupamentos especificamente nacionalistas, que só darían confluído finalmente en decembro de 1931.

Isto que relata garda similitudes co que pasa hoxe ...

O nacionalismo galego vive hoxe debates e diferenzas estratéxicas que xa se deron, mutatis mutandi, nesa conxuntura histórica e tanto “tirios” como “troianos” deberían reflexionar moito sobre esa experiencia. Uns, porque a “autónoma” O.R.G.A. acabou engrosando a Izquierda Republicana de Azaña e o seu líder, Casares Quiroga, facendo obstrucionismo do plebiscito estatutario. Outros, porque en momentos históricos decisivos a súa “pureza” pode derivar en irrelevancia política, cousa ben negativa para o país, e porque a propia confluencia do Partido Galeguista na Fronte Popular, en febreiro de 1936, non puxo en cuestión para nada a firmeza do seu ideario nacionalista nin a súa independencia orgánica.

No seu volume vostede narra o "conflito soterrado" entre a xeración que lanzou as Irmandades e os vellos galeguistas da Real Academia. Por que se produciu? Foi un conflito xeracional ou ideolóxico?

As Irmandades constitúen, de facto, un intento feliz de superación das insuficiencias e das contradicións entre teoría e praxe do rexionalismo finisecular. No caso concreto da Academia, cómpre dicir que desde moi axiña, tras a polémica que rodeou a súa fundación, ficou neutralizada como axente galeguizador. Como forma de “protexerse”, deu entrada no seu seo a moitos individuos de nulo compromiso coa lingua, investiuse do título de “Real” nunha cidade de alma republicana como era A Coruña, publicou o seu Boletín en español, etc. As Irmandades, coa súa aposta polo monolingüismo e coa súa coherencia entre discurso e praxe “retrataron” todas esas insuficiencias da Academia. Numerarios como Casás Fernández, Alejandro Barreiro Noya, Jaime Solá ou Fernando Martínez Morás, etc. significáronse ademais como detractores das Irmandades en non poucas ocasións.

Foi sorprendente para min constatar o absoluto desencontro que se produciu entre Murguía e Antón Villar Ponte cando este esixiu do daquela presidente da Academia un pronunciamento público favorábel á mobilización catalanista de xaneiro de 1916, en demanda da oficialidade. O silencio de Murguía determinará que as Irmandades nazan sen o seu concurso e que nunca colabore nin en actos nin en publicacións súas, a diferenza dos seus máis fieis discípulos, como Lugrís, Carré, Tettamancy, Vaamonde… 

Posteriormente, é ben significativa a escasa presenza de académicos entre os asinantes do Manifesto de Lugo ou a actitude de entusiasmo dalgúns deles (Carré Aldao, Eladio Rodríguez, etc.) cara á ditadura de Primo de Rivera.

Non hai dúbida que a defensa do idioma foi clave para o nacemento do nacionalismo como proxecto político organizado. Ao longo da súa historia, a defensa do idioma sempre foi un dos eixos das súas reivindicacións. Con todo, hai quen sostén que esta defensa a ultranza da lingua puido ter consecuencias sociais contraproducentes para a promoción do idioma, como a nai que quere tanto a un neno que o afoga de tantos abrazos. Cal é a súa opinión sobre isto? 

“Política” é todo o que afecta á “polis” e a lingua, que é un feito social e cumpre entre moitas outras funcións a de identidade, non pode deixar de ser por iso mesmo algo “político”. As propias Irmandades, que comezaron como unha entidade máis ben de tipo cultural, axiña comprenderon a necesidade de afrontar tamén desde a política, no sentido máis nobre da palabra, as súas reivindicacións e demandas.

A defensa da lingua galega ten sentido desde o mesmo momento en que o idioma propio de Galiza foi condenado historicamente a unha marxinación intensa que aínda non está hoxe corrixida de todo, nin moito menos, e tamén desde o punto e hora en que os galegofalantes non gozamos no día a día dos mesmos dereitos e oportunidades de uso lingüístico que os castelánfalantes na nosa propia sociedade. Moitas das causas polas que loitaban as Irmandades hai agora cen anos seguen infelizmente en pé.

Que determinados sectores fixeron e fan un uso “partidista” da lingua é un feito indiscutíbel. Fíxoo Núñez Feixó dando por bo o discurso delirante de certas entidades, capaces de deformaren a realidade ata o punto de colocaren o galego como lingua “imposta” en Galiza, que xa é dicir; pero fíxoo tamén certo segmento do nacionalismo, político e sindical, convertendo en meras correas de transmisión algunhas entidades que naceran coa vocación de xuntar toda caste de persoas amantes da lingua galega para pular pola normalización.

Melloraría a saúde do idioma se un pacto saca a súa promoción do debate político?

Non acredito nun pacto para “sacar” o galego do debate político, senón máis ben nun debate e mais nun pacto político, o máis amplo e xeneroso posíbel, para tirar o galego da situación de devalo en que vive actualmente.

Vostede é profesor no ensino secundario. Os mozos da actualidade perciben o galego como parte da súa identidade que cómpre conservar ou veno unicamente como unha ferramenta de aprendizaxe do sistema escolar?

Non me atrevo a dar unha resposta categórica, porque entre o meu propio alumnado vexo que hai de todo, nese sentido. O que si percibo é que ningún discurso, nin o identitario, nin o pragmático/utilitario, ten capacidade “per se” en exclusiva para orixinar mudanzas. Á mocidade fáltanlle espazos e ferramentas básicas de socialización en galego e tamén padece o efecto de prexuízos novos que foron xurdindo nos nosos días, como a identificación mecanicista entre lingua e determinadas opcións partidarias ou esa certa “hostilidade ambiental” entre os seus iguais que rodea ás mozas e mozos neofalantes. 

O polémico "decreto do plurilingüismo" leva en vigor case un lustro. Coa perspectiva que dan os anos e tendo en conta a súa experiencia, até que punto prexudicou o galego nas aulas?

Ese decreto está a pasar xa aos manuais de sociolingüística e aos libros de texto feitos con rigor como a máis grave agresión perpetrada contra a lingua galega por un gobernante posterior á ditadura de Franco e como o primeiro obstáculo a remover, sen dúbida, para unha nova política lingüística imprescindíbel que volva colocar a normalización de usos como horizonte e que combata os prexuízos que ese decreto non fixo máis que alimentar.

E que anda a ler Emilio Xosé Ínsua esta primavera?

Unha novela da escritora de orixe palestina Randa Jarrar titulada Un mapa do lar, a última de Xavier Queipo (Os Kowa), unha noveliña de Francisco A. Vidal escrita xa hai bastantes anos que me interesa pola ambientación mariñeira e cambadesa (O botín da inmortalidade) e o poemario de Carlos Negro Masculino singular.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 37 comentarios

9 anonimo

Para escarajillarse, le llama delirante a la política lingüística de Europa, claro la imposición es lo guay, pero qué se puede esperar de alguien que dice que se puede agredir una lengua. Mira, Insua, los jóvenes hablan español porque les mola más, tú le llamas prejuicos, pues vale, también los tienen para preferir las centollas a los caramujos, y el solomillo al choped.

1 Españolistas dades noxo

Imposición coma a que nos obriga a todos a coñecer o castelán ou de cal falas?

2 Paifuco

efectivamente anónimo! o castelán e un dereito e unha OBRIGA, e o galego é so un dereito. Onde está a imposición? Onde está a igualdade xurídica dos dous idiomas? De verdade sodes uns cínicos coa vosa eterna parida da "imposición do galego".

8 nostrus

No conozco a nadie que me explique porque el nacionalismo se fanatiza con el gallego y en cambio no se fanatiza con la gaita; exijirle destreza con ella a los funcionarios, no considerar gallego al que no sepa tocar la gaita, ctr. Ademas conseguiriamos otra casta de vividores, en este caso a costa de la gaita.

1 fora con este palhaso

Se non o sabes ti que és un nacionalista espanhol fanatizado có galego non sei quen o vai saber. EDITO que esquecin dicir que metas a gaita polocu

7 Bufffff

Lembra a Blanco Valdés usando a falacia retórica da equidistancia. E todo para pretender facer pasar como normal e equidistante unha mentalidade nacionalista. Vamos, hombre, vamos... A súa visión non pode ser obxectiva porque está mantido polo galego, así que, que vai dicir? Defende o garbanzo funcional. É todo delirante. Quere equiparar o galego ao español con plantexamentos e argumentos infantís. O galego non é portuxés, e caso de selo estaríamos ante unha lingua heteróclita e multiforme, sen unidade, e polo tanto que impediría a comunicación. O galego apenas ten cultura escrita e carece de ciencia ou técnica, asi que preferilo ao castelán é tan absurdo como usar un carro tendo tractor. A acerada piqueta do progreso poñerá no seu sitio todo aquelo que é atraso, pobreza, tamén mental, subdesenrolo e ignorancia.

1 BlaBla

Ti quedaches en 1920

2 BlaBla

Ti quedaches en 1920

6 Nexus 6

¿y cuales son los derechos que no tienen los que hablan gallego y los que hablan español, sí?

1 teutonio

Pois o dereito a usalo en segundo que ámbitos, con total liberdade e sen ningún tipo de problema, como a xustiza, administración, educación, etc. a termos produtos e servizos na lingua do país como calquera falante de castelán, a non sermos discriminados (varios casos fixéronse públicos, por exemplo esta mesma semana) ou marcados negativamente, dereito a información na nosa lingua, a que cos nosos impostos tamén se promocione e se divulgue por parte do goberno central, etc. Se tal míralle o informe do Grupo de Expertos do Consello de Europa e igual te aclaras.

2 Nexus 6

A ver Tontonio ¿no puedes declarar en gallego en los juzgados de Galicia? Si vas a las dependencias de la Xunta, a Tráfico, a una oficina de empleo ¿no puedes hablar gallego? Te recuerdo que en la ensañanza casi no hay profesor que no use la lengua regional. El hecho de que haya regulación de lengua vehicular en las asignaturas también afecta al español, lengua en la que no pueden impartirse Historia, Biología o Filosfía. Si quieres información en gallego, pon la TVG, compra Sermos Galiza o lee medios como éste. La promoción, pues qué quieres que te diga ¿cuánto nos cuesta a los gallegos la Anormalización Lingüística?.

3 teutonio

Poder podes, outra cousa é que che poñan un intérprete, que os xuíces ou secretarios xudiciais teñan as ferramentas pra empregar o galego no seu traballo, etc. Se vou as dependencias da Xunta normalmente si teño a información en galego, cousa que non sucede no caso de outras administracións e servizos públicos (Sergas, IGAPE...) e mesmo entes locais (no meu concello os bandos son publicados en castelán). Na ensinanza en teoría é 50%-50% con gradual acceso do inglés, porén xa sabemos todos o que pasa na privada. Seguramente a promoción coste menos que o que gastamos no Instituto Cervantes. En todo caso, un galegofalante pode facer unha vida normal obtendo todo tipo de servizos e produtos en galego, sen ser marcado negativamente por empregar esta lingua en Galicia en calquera ámbito e sen ter que xustificar esta escolla?, e un castelanfalante?. Pois pouco máis hai que dicir...

4 Nexus 6

En la enseñanza pública, los que no están de acuerdo con este decreto, plantean la inmersión. Ese reparto al que aludes es rechazado de plano por nacionalistas e independentistas, amén de oportunistas del PSOE Y PP.La enseñanza privada es eso, privada. Lo mismo que medios de comunicación privados, empresas de ocio privadas... Quiero decir que pueden usar el idioma oficial que consideren oportuno. ¿O no estás de acuerdo con el principio de libertad lingüística? ¿No son más importantes las personas y sus derechos que la promoción de las lenguas? No sé en qué Ayuntamiento vives, pero TODOS los que yo conozco (Santiago, Oroso, Padrón, Ordes, Melide, Arzúa, Ames, Teo…) emiten bandos y comunicados SÓLO EN GALLEGO; y no te plantees pedir que incluyan el español: inmediatamente eres tachado de facha, antigalego, racista lingüístico y lindezas parecidas.

5 Nexus 6

El español es uno de los idiomas más potentes del mundo. Todos los gallegos deberíamos apoyar su promoción de igual forma que, por algunos sectores son apoyadas las políticas de Normalización. Las lenguas son instrumentos para las personas, nada más y el español es una herramienta tremendamente útil. La Administración pública en Galicia, Consejerías, Ayuntamientos, Diputaciones y una gran parte del tejido asociativo, emplea SÓLO EL GALLEGO, en su funcionamiento. En el Sergas, hay de todo; sinaléctica y cartelería están escritos SÓLO EN GALEGO; en el CHUS, hay algunos carteles informativos en español, pero el gallego gana por goleada. Y lo de ser tachado negativamente…no me hagas reir. En mi trabajo (soy profesor especialista) de 30 profesores, sólo 3 empleamos el español en claustros y reuniones ajenas a las horas lectivas. ¡SOMOS NOSOTROS LOS SEÑALADOS!

6 Nexus 6

Y ya termino. Dices: obtener todo tipo de servicios y productos en gallego sin ser señalado y sin tener que justificar la elección. Perdón pero no sé a qué servicios y productos te refieres. ¿Ir a una cafetería? ¿A un local comercial o a una gestoría? ¿A un banco? Un empleado de una de esas empresas no tiene por qué emplear la lengua oficial que a ti te apetezca oír. Creo que aportaría un plus que usasen las dos, pero siempre desde el respeto a la libertad individual y a los derechos de los individuos. Y lo de estar señalados… Los prejuicios, desgraciadamente van en las dos direcciones ¿te suena lo de ser rico y de La Coruña? ¿Y lo de ser un acomplejado y sentir vergüenza de tener acento gallego? Además la responsabilidad del señalamiento también está en quien emplea la lengua desde la exclusión, la identidad y demás historias parecidas.

7 Litium

Nexus6, pareces unha persoa bastante razoable e defendes a túa postura con argumentos lóxicos na maioría dos teus postulados. Non obstante, creo que partes de posturas tendenciosas en algúns plantexamentos e en certas afirmacións parece que só entendes a túa realidade próxima coma se fose a única realidade en Galicia. Eu sempre defendín, defendo e defenderei o dereito a que un castelánfalante poida vivir SEMPRE NO SEU IDIOMA en Galicia. Ese dereito está case plenamente garantido (é certo que existen casos, por supostos que sí).

8 Litium

Eu son galegofalante (aparte de saber castelán, inglés, portugués e algo de francés que estou aprendendo) e debido ao meu traballo móvome bastante por toda Galicia. E podo comprobar que cada vez menos existe a posibilidade de que un galegofalante poida ter o dereito que antes dixen referente a un castelanfalante. Eu non teño inconvinte ningún en falar castelán, de feito tamén o falo con moita xente. Simplemente é un feito constatable a desigualdade entre linguas existentes en Galicia. E esa desigualdade maniféstase en todos os planos: PRIMEIRO, nos textos normativos: o castelán é un dereito e unha OBRIGA, mentres que o galego é só un dereito (moi minorizado na práctica para moita xente). E a partires de ahí, nos medios de comunicación, nos contidos culturais, na vida empresarial, e un largo etc.

9 Litium

E existen moitos prexuizos sobre os "pijos casteláns" e todo iso. Por suposto que iso é deleznable, pero contra o galego existen tamén moitos prexuizos fundados na pura ignorancia e moi arraigados. Faime gracia ver como a xente maior galegofalante fálalle aos meus fillos en castelán cando son coñecedores de que falan galego e a min esa mesma xente me fala en galego: parece que hai como un certo autoconvencemento do que é convinte falar. E iso é dos prexuizos máis deleznables. Nexus6, vexo que eres partidario da normalización lingüística do galego aparellada á promoción do castelán. Paréceme unha boa idea. Pero de todas formas, pídoche que non obvies outras realidades adxacentes á túa. A desigualdade entre galego e castelán é real, e o galego está nunha situación de minorización artificial. Partindo desa premisa, penso que eres unha persoa coa que se pode chegar a acordos nesta materia

5 Gallego

Vamos a contar mentirás, tralará, vamos a contar mentiras, tralará, vamos a contar mentiras. Eso sí, mejor con una buena subvención, ¿a que sí?