Por Galicia Confidencial | O Barco de Valdeorras | 11/06/2025 | Actualizada ás 21:00
Ata Copenhague viaxan un total de 25 referencias de viño da Denominación de Orixe Valdeorras, xunto con outras 100 de adegas das demais denominacións de orixe da comunidade autónoma (Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra e Ribeiro), así como 25 referencias de empresas comercializadoras de destilados amparadas polas Indicacións Xeográficas de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia. Xuntas, formarán un total de 150 referencias, as que se poderán degustar nunha xornada que se desenvolverá de 11:00 a 15:00 horas (horario local).
O obxectivo desta acción promocional é “achegarnos ao mercado danés e atraer así ao maior número de profesionais posible”, tal e como sinala Antonio Lombardía, presidente do Consello Regulador Ribeira Sacra e máximo responsable de ACRUAGA.
“Tras o éxito das anteriores edicións deste salón, celebradas en cidades como Ámsterdam, ou en Londres o pasado mes de novembro, consideramos interesante darlle continuidade a esta idea, en colaboración coa UEC, nesta ocasión en Copenhague, buscando unha vez máis, a internacionalización dos nosos viños e destilados e favorecer, así, o dinamismo económico e as exportacións do sector”, detalla Lombardía quen, ademais, agradece ao IGAPE “a súa implicación para que esta iniciativa se teña convertido nunha realidade”.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.