As denuncias por discriminación no uso do galego chegan a Europa

O coordinador da área internacional da Mesa, Paulo Filgueiras, criticou nun foro do Parlamento Europeo o decreto do galego e presentou casos denunciados pola Mesa no 2015 e 2016 a través do servizo gratuíto A Liña do Galego.

Por Galicia Confidencial | Bruxelas | 01/06/2016 | Actualizada ás 17:47

Comparte esta noticia

O coordinador da área internacional da Mesa Pola Normalización Lingüística, Paulo Filgueiras, interveu este mércores no Parlamento Europeo no marco da audiencia sobre discriminacións lingüísticas na UE organizada pola Rede Europea para a Igualdade das Linguas, en colaboración cos grupos parlamentares da Alianza Libre Europea- Os verdes –grupo onde está o BNG-- , e a Esquerda unitaria Europea –onde están AGE-Europa--.

O coordinador da área internacional da Mesa Pola Normalización Lingüística, Paulo Filgueiras
O coordinador da área internacional da Mesa Pola Normalización Lingüística, Paulo Filgueiras | Fonte: A Mesa

Filgueiras denunciou o incumprimento da Carta Europea das Linguas e presentou casos reais reflectidos na memoria da liña do galego dos anos 2015 e 2016. Estas denuncias inclúen casos de discriminacións diante de empresas ou organismos públicos e tamén a política lingüística da actual Xunta de Galicia, nomeadamente as consecuencias do decreto contra o galego de 2010.

A Mesa expuxo tamén a situación creada pola sentenza do TSXG contra a ordenanza a favor do galego do concello de Lugo. “Obrígannos a prescindir do noso idioma para acceder a servizos básicos”, sinalou o membro da Comisión Permanente da entidade en defensa do galego, para destacar que “en moitas ocasións é o propio goberno galego, quen ten a obriga de nos protexer, que agride os nosos dereitos”.

Ademais, Filgueiras expuxo casos de vulneración de dereitos e discriminación lingüística como a humillación a unha nena de dez anos por falar galego, por parte do centro Hípico Casas Novas cando participaba nun campamento de verán; a prohibición por parte do centro infantil Jungle World do uso da galego nas súas instalacións; ou os casos de denegación de atención por razóns lingüísticas por parte da Policía ou da Garda Civil.

Recomendacións

Na audiencia denunciáronse casos de vulneración dos dereitos lingüísticos como dereitos fundamentais, e sinalouse a discriminación por razón de lingua como unha forma de racismo. Avaliouse tamén o tratamento que a UE e os seus Estados membros dan ao problema da discriminación e exclusión das linguas propias.

Como resultado desta xornada  elaboraranse recomendacións sobre as medidas que a UE debe tomar ao respecto, incluíndo o sinalado polo Consello de Europa, por medio da Comisión Europea contra o racismo e a intolerancia, de que a discriminación lingüística constitúe unha forma de racismo.

A conferencia conta coa participación xunto á Mesa, de diversas entidades de defensa das linguas propias da Bretaña, Cataluña, Irlanda, País Vasco, Gales, Húngaros de Eslovenia e Romanía, e Occitania.

Conta tamén coa participación do Consello de Europa (Carta Europea das Linguas e Convención das Minorías Nacionais), Alto Comisionado para as Minorías Nacionais da OSCE, e o Alto Comisionado de Dereitos Humanos da ONU. Nesta sesión tamén estiveron presentes Ana Miranda, do BNG, e Lidia Senra, de AGE-Europa. O eurodeputado socialista José Blanco anunciara tamén a súa participación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

5 Balbino Fernández

Imaxinade que uns racistas se dediquen de xeito teimudo a repetir consignas contra os pretos en Galicia Confidencial. Serían eliminados e bloqueados. E se o fixeran contra as mulleres, os homosexuais, os demócratas, os minusválidos... Igualmente cortarían a praga fascistoide. E que acontece co galego? Galicia Confidencial permite os abusos contra a lingua que din defender? Ou procura aumentar audiencia con semellante ofensa? Abonda en calquera caso! Comezo a sospeitar da brincadeira!

1 cuito cuanavale

Tes razón. Aquí hai moito racista da UPG con berros anticasteláns e antisemitas, propios do nacionalsocialismo, pero a primeira mensaxe que habería que eliminar debería ser o teu. É propio dun psicópata e os psicópatas teñen moito perigo

4 Pugnaz

El relato de este muchacho no es serio porque no deja claro que acepta las reglas de juego del partido: la Constitución. Esta nos configura como una sola nación española que cuenta con un solo estado unitario y el vínculo de una lengua común, que todos los españoles deben conocer. Junto a esta pueden cultivarse las lenguas regionales (también llamadas minoritarias). Pero la natural acogida que debe darse a quienes cultivan con rectitud su propia lengua regional, en ningún caso puede inducir a favorecer ideas con un claro cariz político, segregacionista y pugnaz, objetivos nada serios que persigue la organización a la que representa y a los que ninguna entidad oficial seria puede dar acogida.

1 fartodelespañol

en suiza las diferentes lenguas son oficiales y no hay ningun problema y el pais es riquisimo aqui solo se reconoce el español como oficial y somos el culo del mundo asi que aplicaos el cuento. visca catalunya lliure

3 aurora

Dunha vez por todas as Nación Unidas deben forzar a todos os estado membros a protexer, expandir e reforzar de forma efectiva ao seus idiomas. A humanidade non pode permanecer impasible vendo como unha lingua milenaria esmorrece por falta de apoio, neste caso o galego.

2 nostrus

Tambien deberian preocuparse por los que quieren cobrar en pesetas en vez de euros, que es su moneda propia.

1 Idiotus

tu deberías preocuparte por volver a la escuela, que te hace mucha falta

1 fartodalingua

Y...¿a nadie le dió la risa?

1 Don Manuel de Conde

É unha situación bastante tráxica vernos obrigados a chegar ata este punto. Non é para rirse.

2 Montesío

Aos imbéciles e escuros coma ti.