Temas: PILAR DE LARA

Outro rexistro nas oficinas de Monbús

O grupo empresarial de Raúl López -presidente do Obradoiro e concesionario de numerosos servizos en Lugo, Santiago e outras cidades- é o centro dunha das investigacións que ten abertas Pilar de Lara contra a corrupción.

Por E.P. | Lugo | 01/06/2016 | Actualizada ás 19:25

Comparte esta noticia

Axentes do Servizo de Vixilancia Aduaneira (SVA) desprazáronse unha vez máis á empresa de transporte Monbús, no polígono da Louzaneta, en Lugo.

Dende a  esquerda, o actual alcalde de Santiago, Agustín Hernández, López, presidente do Monbús Obradoiro e Lete Lasa, SX para o Deporte, nunha imaxe da web da Xunta
Dende a esquerda, o actual alcalde de Santiago, Agustín Hernández, López, presidente do Monbús Obradoiro e Lete Lasa, SX para o Deporte, nunha imaxe da web da Xunta

Segundo fontes consultadas por Europa Press, o rexistro na nave iniciouse despois das 13,00 horas e concluíu ao fío das 14,30 horas. As mesmas fontes apuntaron que este requirimento de información está ligado coa 'Operación Cóndor', que instrúe a titular do Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo, Pilar de Lara.

A 'Operación Cóndor' investiga supostos delitos contra a facenda pública, branqueo de capitais, falsidade, delito contable, tráfico de influencias e suborno. No marco da mesma, cando arrincou en marzo de 2015, foi detido o presidente da compañía, o lucense Raúl López, xunto con outras nove persoas.

No momento deste novo requirimento, o empresario lucense atopábase en Madrid, segundo informou el mesmo quen se limitou a dicir que "non hai nada do tema".

Nun anterior rexistro, Vixilancia Aduaneira, hai varios meses, fíxose con documentación onde supostamente constan agasallos a cargos políticos que terían poder de decisión sobre concursos de transporte, entre os que se atoparía o exsecretario xeral do PSdeG e expresidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro.

Raúl López, presidente de Monbús
Raúl López, presidente de Monbús | Fonte: CRTVG

Autobús de Monbús
Autobús de Monbús | Fonte: wikimedia
Temas: PILAR DE LARA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Tripeiro

O actual alcalde de Santiago?