A vaca que naceu grazas á Garda Civil

Axentes do Seprona auxilian a un animal que tivo problemas no parto en Lugo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/06/2016 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Axentes do Seprona auxiliaron este martes a unha vaca con problemas no parto no municipio lucense de Navia de Suarna, concretamente na localidade de Pan do Zarco.

Vaca parindo
Vaca parindo | Fonte: youtube.com

Segundo recolle o corpo nun comunicado, os profesionais atopábanse de inspección pola zona cando localizaron o animal. Tras poñerse en contacto co propietario, avisaron un veterinario, xa que a vaca pasara demasiadas horas de parto e tiña moitas complicacións.

Grazas a esta rápida actuación, tanto o tenreiro como a vaca, de raza asturiana, atópanse en bo estado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta