A casta de Vigo, o poder polo poder

O termo "a CASTA" fíxoo famoso Pablo Igrexas (PODEMOS), e refírese a aqueles que usan o poder para perpetuarse no poder e beneficiarse de iso. En Vigo existen uns cuantos políticos que poderían ser encadrados dentro desta denominación, como serian todos os concelleiros do PSOE, os do PP, e o de EU, pero falaremos soamente sobre os que a min me parecen os máis destacados, Abel Caballero, e Ruben Pérez.

Por Carlos González Armada | Vigo | 05/06/2016

Comparte esta noticia

Abel Caballero é un ser egolatra cuxa única obsesión é o poder polo poder, gústalle pisar aos rivais políticos e jactarse diso, pero ten moi mala memoria. Abel Caballero foi o candidato do PSOE que peor resultado obtivo nunhas eleccións autonómicas, Abel Caballero manifestou en pre-campaña das pasadas xerais que non facía falta ninguén do aparello do PSOE en Vigo, que el se bastaba para que o PSOE fose o máis votado (55.000 votos EnMarea contra 21.000 votos PSOE), Abel Caballero perdeu as primarias do PSOE onde apoiaba a Méndez Romeu....pero el se jacta dos seus 17 concelleiros obtidos tan só polos erros dos adversarios políticos e confunde maioría absoluta con absolutismo, para durante ese tránsito aprobar un regulamento do pleno municipal que coarta os dereitos e liberdades dos cidadáns, a oposición, e da prensa...o seu obxectivo, ocultar a corrupción coa intención de manter enganados aos cidadáns e perpetuarse no poder

Rubén Pérez é un mozo que levaba máis dunha década tentando saír elixido concelleiro sen conseguilo, e nunca o lograria se non é pola aparición de Podemos e as mareas. Rubén Pérez non provén do 15M, nin do activismo social, é un político profesional que usurpou unhas siglas coas que a súa personalidade non é capaz de identificarse, por iso a pesar de formar parte de EnMarea onde participa con ANOVA e con Podemos, é capaz de dicir "bobadas" tan grandes como que quen se presente ás eleccións para ter grupo parlamentar propio é un cretino (dirixido a ANOVA), ou que os que interromperon en pleno de aprobación dun regulamento antidemocrático en Vigo o que deben de facer é presentarse ás eleccións (dirixido a XUNTOS Podemos). Rubén Pérez esquécese que a esencia do grupo Xuntos Podemos (antes Bases Podemos Galicia), é o activismo social, o 15M, ou de que ANOVA provén do nacionalismo de esquerdas....son normal eses esquecementos porque el non é pobo, el é político profesional, o é casta

Abel Caballero e Rubén Pérez buscan o poder polo poder, perpetuarse no cargo sen importarlles os dereitos fundamentais dos cidadáns, Abel Caballero é un sátrapa da vella garda e Ruben Pérez un inconsciente que só pensa na súa cadeira, por iso creo que en Vigo temos un problema moi grande, porque non só a vella garda está podrecida, senón que o que debería de ser "a rexeneración" ten os mesmos síntomas, só fai falta lembrar o email entre Cid Cabido e Ruben Pérez onde se repartían postos nas listas aínda antes de negociar con outros grupos políticos, e que ao cabo foi o detonante de que houbese 17 listas e que Abel obtivese maioría absoluta.

Por último quero incidir na incultura do poder establecido, e para iso quero lembrar a Abel Caballero que XUNTOS Podemos NUNCA se presentou a unhas eleccións porque era unha corrente interna de Podemos, (antes Bases Podemos Galicia), e a Ruben Pérez que ese mesmo grupo NON PUIDO presentarse antes a unhas eleccións polos mesmos motivos expresados. Agora esa corrente crítica interna de Podemos decidiu dar un paso e constituír ese movemento interno en algo xuridicamente con posibilidades de presentarse ou de formar as súas propias negociacións ou pactos se considera que Podemos Galicia actua de forma desafortunada, pero mentres non o faga XUNTOS Podemos  segue sendo unha corrente interna de Podemos, (aínda que legalizada) e por iso hai que lembrarlle a Ruben Pérez que somos compañeiros dentro de EnMarea e por tanto é impresentable dicir bobadas atacando aos seus compañeiros por medo a perder a cadeira, hai que lembrarlle que o punto de mira hai que centralo no PP e o PSOE.....pero iso é difícil cando tamén se é casta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA