Un profesor galego, único representante de España na Semana Verde de Bruxelas

Ricardo García Mira, catedrático da UDC e do Institute for Policy Research da Universidade de Bath (Reino Unido) formou parte do foro que xuntou a 80 universidades e 8 consorcios de investigación.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 03/06/2016 | Actualizada ás 11:55

Comparte esta noticia

Ricardo García Mira, catedrático da UDC Institute for Policy Research da Universidade de Bath (Reino Unido) foi o único representante galego e español que estivo presente na Semana Verde de Bruxelas (Green Week 2016), un evento organizado pola Comisión Europea (Dirección Xeral de Investigación e Innovación da UE) e que se celebrou durante estas semana en distintas sedes da UE.

Ricardo García Mira foi o único representante galego na Green Week organizada pola UE
Ricardo García Mira foi o único representante galego na Green Week organizada pola UE

García Mira participou na sesión sobre "Os catalizadores da innovación social: o poder, a política e o momento para a innovación social urbana", que tivo lugar na sede do Comité das Rexións, cunha charla sobre "O papel do tempo na innovación social urbana - Estilos de vida sustentables como promotores de cidades baixas en carbono".

Na sesión, participaron representantes de 8 consorcios de investigación europeos que agrupan a máis de 80 universidades europeas que investigan sobre sustentabilidade e innovación social dentro do programa marco europeo de I+D+i 7PM e Horizonte-2020.

Ricardo García Mira é doutor en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (1994) e Profesor de Psicoloxía Social e Ambiental e catedrático na Universidade da Coruña desde 1995, onde é o Coordinador do Grupo de Investigación Persoa-Ambiente. Tamén é catedrático do Institute for Policy Research da Universidade de Bath (Reino Unido).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta