Temas: TRIVES

Son de Trives denuncia a actitude antidemocrática do grupo de goberno Trivés (ATI)

"Vostede fala se eu o permito, e levanto a sesión cando me veña en gana". A continuación, dixo o rexedor no pasado pleno ao tempo que expulsou ao único edil de Son de Trives.

Por Galicia Confidencial | Trives | 03/06/2016 | Actualizada ás 13:54

Comparte esta noticia

A expulsión do único concelleiro de Son de Trives, Jorge Vázquez, no pleno do pasado luns provocou que este partido denuncie a actitude “antidemocrática” do alcalde e do grupo de goberno de Agrupación de Trivenses Independientes (ATI).

Unha das principais prazas de Trives
Unha das principais prazas de Trives

Nese pleno, o rexedor, Francisco Fernández Blanco, espetoulle ao edil de Son de Trives: "Vostede fala se eu o permito, e levanto a sesión cando me veña en gana". A continuación, expulsouno da sesión plenaria.

“O acontecido no último pleno do concello de Trives foi significativo, mais non especialmente excepcional, xa que é bastante habitual que desde a alcaldía se tomen posturas antidemocráticas coa oposición”, denuncia esta formación.

Así, lembra que nas numerosas ocasións Jorge Vázquez, solicitou información sobre temas que afectan ao concello, tanto verbalmente como por escrito con rexistro de entrada no concello, obtívose “a calada por resposta”. Por iso, esta formación xa levou esta cuestión ante a Valedora do Pobo, institución que lle deu a razón a Son de Trives.

Esta formación denuncia que se oculta información, “aínda que sexa pública” e que o alcalde nos plenos responde ás preguntas “faltando á verdade e sen dar lugar a quenda de réplica, impedindo contrarrestar as súas afirmacións, con información sesgada ou incompleta, imposibilitando deste xeito que a oposición poida exercer a súa función e defender a súa postura”.

“Pódese falar de moitas cousas e por moitos nomes, mais isto non é democracia, nin transparencia na xestión municipal, e esta, por desgraza é unha situación que non se dá so neste concello, senón en moitos outros”, denuncia Son de Trives.

Por iso, pídelle ao rexedor e a ATI un cambio de actitude na equipa de goberno municipal, “acorde aos tempos nos que estamos, onde se fomente o diálogo, o debate construtivo, a democracia participativa”.

Temas: TRIVES
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 D. Quixote cabreado

Por que algúns dirixentes politicos actúan así? a esta pregunta podemos respostar todos, porque todos somos culpables. Só miramos a punta do eiceberg pero á raigame, á base non lle tocamos. Quen se dedicou neste Pais, neste Estado, a ensinar ao pobo a pensar, a dicurrir a ser crítico? Que se preocupou de que fora debidamente informado e formado e non asolagadom conn informacións tendencioas? Todos; os educadores, os pais os dirixentes politicos; o pobo, en xeral. desas augas veñen estas lameiras.