Temas: LIGANDO BNG MAREAS

“Ligando nace para superar e substituír ao BNG se termina fracasando por completo”

Ligando-LGD é unha nova formación política arredista que ten vocación de incorporar ao seu proxecto as comarcas estremeiras do Eo-Navia en Asturias, O bierzo en León e a Seabra, en Zamora. Non valora unirse a outras formacións como o Bloque ou as mareas.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 07/06/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

“Pretendemos crear unha nova  cultura política que apartándonos do xeito de proceder do nacionalismo e do independentista galego siga inmersa na defensa da causa nacional galega”, explica o secretario xeral desta formación Miguel Anxo Abraira. Unha nova formación, que aspira a prensentarse ás autonómicas, e que defende a creación dun estado galego propio de carácter asembleario e apoiándose na “galeguia” dos territorios estremeiros como os do EO-Navia ou o do Bierzo, entre outros.

Miguel Anxo Abraira, portavoz nacional de Ligando LGD
Miguel Anxo Abraira, portavoz nacional de Ligando LGD

“A xente que vive nos territorios estremeiros da Galiza nin se sente galega, nin se sente leonesa, nin zamorana, nin asturiana, séntese das súas respectivas comarcas e nós o que lles décimos é que o seu xeito de se sentir é compatible con sentirse galega”, punta o seu representante no EO-Navia, Carlos Varela.

Ligando está convencido que o seu proxecto supera ao do BNG co que descarta acordos, como tamén coas mareas, que “andan perdidas coas intrigas de palacio”. “Somos de esquerda mais que o noso discurso e os nosos postulados non son obreiristas. Que ningún comité de empresa pense que imos defender privilexios das multinacionais instaladas en Galiza por un feixe de postos de traballo”, advirte.

Sobre o galego suliña que é a lingua do país, pero “aceptamos que las personas se puedan sentir gallegas hablando en español y nosotros queremos contar con su opinión e incorporarlas a nuestro proyecto político». No referido ao portugués, suliña que «é um idioma em crescimento» e que o galego é a porta ao mundo dos países de fala portuguesa.

Que proposta política fai Ligando- LGD?

Carlos Aenlle, responsable da comarca do EO-Navia de Lingadon-LGD
Carlos Aenlle, responsable da comarca do EO-Navia de Lingadon-LGD

Miguel Anxo Abraira: Somos unha organización recén nacida o que quere dicir que estamos en construción. Definimosnos como arredistas e este termo non define só aspectos da causa nacional galega senón que tamén recolle aspectos como o decrecentismo ou o eco-feminismo, ... A nosa proposta e defender alternativas de futuro para Galiza nun mundo que empezou a cambiar e vai seguir cambiando xa que somos da opinión que non estamos diante dunha crise mais do sistema capitalista senón que estamos diante do colapso do mundo occidental e da sociedade fosilista na que nos tocou vivir. A nivel político o que esta en crise non é o réxime do 78 o que esta en crise e o mundo moderno nacido en 1492 que ten como principal sinal de identidade a globalización do planeta por métodos baseados na dominación, esquilmación e sometemento da natureza, recursos naturais, animais, pobos  e mulleres, principalmente.

E concretamente para a comarca Eo-Navia?

Carlos Aenlle: A nosa proposta  é a  de revalorización dunha comarca que ten moitos problemas: despoboación, lingua, comunicacións, conflitos laborais, peroferia con respecto a Uviéu, o apoio vital ao campo e a gandeiría, os problemas do sector mariñeiro, etc.


Que vos diferencia, por exemplo, doutras forzas nacionalistas que hai no país, por exemplo, o BNG?

Miguel Anxo: En Ligando non nos definimos como nacionalistas, xa que queremos fuxir de aspectos negativos e mesmo tóxicos que se teñen dado no seu entorno. Tampouco compartimos a visión e a análise que o nacionalismo fai sobre o momento actual de Galiza e polo tanto tampouco coincidimos coa maneira de traballar no seo da sociedade e de comunicarnos con ela.

Pretendemos crear unha nova  “cultura política “  que apartándonos do xeito de proceder do nacionalismo e do independentista galego siga inmersa na defensa da causa nacional galega.

Como arredistas defendemos a creación dun estado galego propio de carácter asembleario por ser a mellor forma de nos gobernar, mas defendemos a creación deste estado principalmente porque queremos recuperar a riqueza dos nosos territorios para  conxunto da xente que vive nel. O noso discurso afastase, sen renunciar a eles, de aspectos identitarios. Ademais apostamos por un estado galego viable economicamente e enerxeticamente e por ilo, por razóns estratéxicas  de viabilidade dunha Galiza con estado propio e  apoiándonos na galeguia (orixe galego do idioma e cultura) dos territorios estremeiros incluímos comarcas como a do EO-Navia e a do Bierzo entre outras no noso proxecto de futuro.

Outra diferencia importante é a noso postura a hora de manexar o conflito lingüístico. Como arredistas entendemos e defendemos que o galego é o idioma propio de Galiza, que é transversal a hora de entenderse mas que a hai moita xente que por costume ou comodidade utiliza o español como idioma de comunicación diario.

Nosotros queremos decirle a las personas que usan el castellano como idioma habitual de comunicación que con los arredistas, no hay ningún problema que lo aceptamos y lo respetamos y que sabemos que en Galiza es fácil y habitual participar en conversaciones donde cada persona use un idioma diferente sin que este hecho tenga que generar problemas.  Aceptamos que las persoans se puedan sentir gallegas hablando en español y nosotros queremos contar con su opinión e incorporarlas a nuestro proyecto político. 

No referido a questão linguística também temos muito claro que o português ou o galego-português é um idioma em crescimento no seu uso escrito na Galiza e gostamos que assim seja. Também afirmamos que o galego é a porta ao mundo dos países de fala portuguesa não só em aspectos idiomáticos e culturais senão também económicos e de oportunidades de futuro. Como arredistas entendemos que Galiza tem que aproveitar a situação estratégica de estar culturalmente e geograficamente entre dois mundos ( o espanhol e o português com as suas respetivas ex-colónias) que nos comunica com case o 10% da povoação mundial. Temos uma situação idiomática e geográfica de privilegiados e temos que aproveitar-nos destes feitos sem que isto signifique deixar de ser nós mesmos.

En termos dereita-esquerda compre dicir que somos de esquerda mais que o noso discurso e os nosos postulados non son obreiristas. Que ningún comité de empresa pense que imos defender privilexios das multinacionais instaladas en Galiza por un feixe de postos de traballo. Nos defendemos unha economía de proximidade, do necesario. Defendemos a economía a pequena escala e non o modelo globalizado que xa empeza a dar sinais de debilidade. A economía que defendemos para Galiza e a do reparto da riqueza a da auto-xestión a do minifundismo colaborativo a da cooperación, a economía do comunal. En definitiva defendemos a “economía do reparto” que ten dous piares fundamentais. Un deles é a xustiza social baseada no dereito que todas as persoas temos o direito de  poder cubrir con o noso traballo as necesidades mínimas para a vida (comida, roupa, sanidade, educación, cultura, vivenda) a outra e a xustiza medio-ambiental que significa parar dunha vez por todas con o modelo de aniquilación, esquilmación e dominación da natureza e dos seus recursos. A “economía do reparto” nace de principios decrecentistas e eco-feministas e ten moi presente os limites físicos do planeta e o feito de que a humanidade empezou a ter cada dia que pasa menos enerxía a súa disposición. O cumio do petróleo e das enerxías fosilistas e nucleares empeza a ser unha realidade.

Pero poderiades chegar a unha coalición política con outras forzas nacionalistas?

Miguel Anxo: Ainda que é un acordo que lle corresponde tomar ao conxunto da afiliación de Ligando penso que nada  aportaría ao noso proxecto ir con eles a un proceso electoral e nos a eles tampouco lles aportariamos moitos votos que é  que buscarían en nós. Igual que o proxecto arredista  nace para superar o nacionalismo; Ligando nace para superar e substituír ao BNG se este ao final termina fracasando por completo.

E como vedes o proceso que existe en Galicia coas mareas?

Miguel Anxo: Primeiro habería que preguntarse de que proceso das mareas imos falar, porque hai tantos que penso que todos e todas andamos perdidos coas “intrigas de palacio” que se dan no seu seo é que xa forman parte do seu ADN. Coas mareas pouco nos une porque: en primeiro lugar aínda non foron capaces de concretar a súa proposta para Galiza. En segundo porque a súa proposta económica (a de PODEMOS) e simplemente social-demócrata e crecentista. En terceiro  porque lle minten á cidadanía facéndolles crer que se eles gobernan é posible vivir igual ou mellor en termos materiais que antes de comezar a crise. E iso é imposible. En cuarto lugar porque non son capaces de analizar que o Estado Español ten claros síntomas de ser un estado fallido (crise política, inestabilidade institucional, crise económica, corrupción crónica en todos os estamentos, poder xudicial inspirado na santa inquisición, grandes taxas de pobreza e marxinación, pensións en vías de recorte, desmantelamento da sanidade e da educación pública, etc, etc) e que o seu futuro por cuestións políticas e económicas pasa pola súa disgregación para reformularse a un ente peninsular de pequenos estados con un modelo de funcionamento en modo colaborativo.

Tamén traballades na “Galiza irredenta”, credes que estas rexións deberían estar integradas en Galicia?

Miguel Anxo: Pensamos que defender a galeguia (orixe galega cultural, social, económica, ..) destes territorios e unha signatura pendente dos galegos e galegas que vivemos na Galicia Autonómica. Nós o que lles décimos as xentes destes territorios e que respectamos a súa idiosincrasia e que gustariamos que tiveran un futuro común e voluntario con nós. Con eles imos poder construír un dos estados mais ricos de Europa e sen dúbida o mais rico da península. Agora non da tempo a explicar en que fundamentamos esta aseveración mais é certa e demostrarémola sen lugar as dúbidas.

E pensades que a xente que vive nelas considerase galega?

Carlos Aenlle: A xente desas comarcas en xeral non se considera galega, pero a cultura e a lingua son claramente galegas. O importante é coincidir en puntos de encontro para axudar nos problemas existentes e nunca confundir aspectos identitarios con culturais. A integración tería que ser un aspecto a ter en conta no dereito a decidir da poboación implicada.

Miguel Anxo: A xente que vive nos territorios estremeiros da Galiza nin se sente galega, nin se sente leonesa, nin zamorana, nin asturiana, séntese das súas respectivas comarcas e nós o que lles décimos é que o seu xeito de se sentir é compatible con sentirse galega. A integración destes territorios na actual autonomía de Galicia, de producirse, ten que ser respectando a súa singularidade e creando estamentos de autogoberno propios xa sexan como comarcas diferenciadas ou como provincias de seguir existindo estas.

Tamén defendedes unha maior relación con Portugal. En que sentido?

Miguel Anxo: Portugal é os países de fala portuguesa e unha porta mais que nos comunica con o resto do mundo. Esta porta o nacionalismo-imperialista español empeñase en que non se abra e nese empeño en ridiculizar e odiar a todo o que ten que ver con Portugal ten colaborado ou cando menos calado o nacionalismo do Bloque. Toca abrir esa porta e todo o que sexa traer os mundos de fala portuguesa a Galiza e levar a Galiza a eses mundos vai ser unha prioridade política do arredismo porque sentímosnos profundamente galegos e galegas, mais tamén nos sentimos cidadáns do mundo.


Cales son os vosos obxectivos a curto prazo?

Miguel Anxo: Son tres dar a coñecer o noso discurso e as nosas propostas. Montar unha mínima de organización en todos os territorios e sobre todo crear unha cultura política arredor do arredismo que nos converta no partido maioritario da xente xa que non nacemos nin con vocación de vangarda, nin de elitismo intelectual. Ligando – LGD ten que converterse no partido da xente ou teremos fracasado.

Miguel Anxo Abraira Sobrado, é autónomo e Portavoz Nacional do Partido arredista LIGANDO LGD. Ocupou distintos postos en organizacións nacionalistas. Foi membro fundador de Galiza Nova. Tamén formou parte do Consello comarcal do BNG de Lugo e despois da Corunha. Acedeu ao Consello Nacional do BNG nas listas de Movemento pola Base e abandonou esta organización por discrepacias coa liña do Bloque encarnada por Anxo Quintana. Mais tarde participou un breve espacio de tempo en ANOVA da que formou parte dos seus órganos nacionais. Abandonou esta organización cando pactou con PODEMOS.

Carlos Aenlle, criouse na comarca do Eo-Navia, actualmente vive en Uvieú é xeógrafo, etnógrafo, lingüista, e máster en desenvolvemento local. Ten traballado en varios proxectos en Asturias e Galicia, impartindo numerosas conferencias e facendo diversos traballos dedicados xeralmente co desenvolvemento local.

Temas: LIGANDO BNG MAREAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 31 comentarios

17 Tiago

Galicia tiene todo para ser próspera. El problema es el corrupto nacionalismo gallego que padecemos el cual parasita el sector público igual que lamprea de Salvatierra. Menos mal que cada día son menos y más enfrentados entre sí.

1 bÁRCENAS

No puedo estar más de acuerdo: MALDITOS NACIONALISTAS CORRUPPTOS!!!

16 nostrus

Menuda peste de nacionalismos que nacen como champiñones. Menos mal que se neutralizan unos a otros. Cuanto mas nacionalismo menos progreso, mas polarizacion social, mas crispacion, menos razonamiento y mas posibilidades de vivir en violencia.

1 Viva españistán!!

Salvo si hablamos de nacionalismo español, el natural, la excepción que confirma la regla, todo positivo en ese caso. Esta forma de pensar, representa claramente a un conjunto de personas abundanet e ignorante (por desgracia), la españolada máxima a lo Pajares y Esteso. En realidad Españistán, es el Estado pandereta de Europa, eso es lo que realmente os jode, la realidad que uno comprueba de forma tácita cuando viaja por Europa

2 Antinostrus

Colle o Tricornio que che caeu ao chan Noooostruuuus e pasa para a Corte a enzoufar-te na maseira antes de facer-lle a felatio de rigor e de cotio ao chefe Fernandez, miserabel cipaiomercenariomononeuronal!!!!

3 Antinostrus

Colle o Tricornio que che caeu ao chan Noooostruuuus e pasa para a Corte a enzoufar-te na maseira antes de facer-lle a felatio de rigor e de cotio ao chefe Fernandez, miserabel cipaiomercenariomononeuronal!!!!

15 anonimo

Si é posible un estado galego dentro dunha Confederación Iberica de nacions. E ogalla se sumasen O Bierzo e comarcas de Asturias e Zamora. Un estado galego productor de enerxia, que atraía talento galego emigrado, que impulse a pesca, a construcción naval e o sector lácteo (e derivados), que teña unha importante industria cultural en galego-portugues, que atraía turismo e que aposte por ser a porta de entrada a Europa de Iberoamerica. Un estado no que non so os galegos non emigren, senon que se atraía inmigración pola gran calidade de vida e as oportunidades laborais. Para conseguir esto os galegos temos que creer en nos mesmos e apoiar forzas políticas con poder de decisión en Galiza.

14 Ramiro

Mucho EGO que está quemando a lo galEGO. Todo estos eran BNG. No llegan a nueva gente. Estais fracasados.

13 Xepe

Nacionalistas vergonzantes, é o que se leva hoxe.

1 anonimo

Defender o propio e algo que sempre se levou. Si un non defende os seus intereses non van vir de Madrid, Catalunya ou Bruselas a defender o noso. Precisamente o que esta a triunfar novamente en toda Europa e en USA é o nacionalismo e proteccionismo fronte a globalización. Galiza é una nación rica mais que esta empobrecida pq ninguen defende os nosos intereses: tarifa eléctrica galega, sistema financiero galego, empresas galegas, pesca, naval, sector lácteo, lingua, as rias galegas, talento galego na emigración, infraestructuras, etc. So se lembran dos galegos para pagar impostos e pedir o voto e en parte e culpa nosa pq non nos damos a respetar cando somos incapaces de defender o noso, comezando pola nosa lingua. O bo e que cada vez mais galegos están a abrir os ollos vendo como o resto de autonomías si defenden os seus intereses (Madrid, Euskadi, Catalunya, Valencia, etc)

2 Xepe

Dixen "vergonzante", non "vergonzoso". Estou de acordo con vostede en todo.