Boicoz, unha campaña contra La Voz

Nas redes sociais circula xa un manifesto que anima aos usuarios a non mercar nin difundir por internet o xornal La Voz de Galicia...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 26/02/2009 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

None

A sua linha editorial não tem mais valor do que uma cotização bolsista, variando em função dos interesses do governo ou da mão que melhor a alimente. Nos inícios da maré preta do Prestige somou-se à cidadania para a denúncia da ineptidão da Junta do PP. Porém, não tardou em loar o Plan Galicia e a estratégia do poder quando isso se traduziu em suculentos ingressos via publicidade institucional (da Junta do PP), como lamentou no seu dia o que era na altura um dos responsáveis pola edição digital.

Uma edição digital que se beneficiou muito para medrar em visitas (e, pois, em ingressos publicitários) mercê às ligações em inúmeros blogues… e redes sociais, sobretudo Chuza! (que já vai polo seu terceiro ano triunfal).

Quem vos escreve é capaz de esquecer muitas cousas, mas dificilmente pode obviar a manipulação informativa e o acoso e derrubamento contra as Conselharias chefiadas polo BNG, em particular desde que Indústria (chefiada polo BNG) não deu ao Grupo Voz o naco que queriam da torta eólica. E tampouco posso esquecer com facilidade o claro alinhamento de La Voz com os grupos tangallegos, chegando mesmo a difundir informações falsas.

Pois bem, eu, na medida do possível, procurarei em adiante não ligar nada de La Voz, nem tampouco dar-lhe publicidade através de redes sociais. No referente ao caso concreto de Chuza!, tampouco vou enviar informações de lavoz.es, e mesmo votarei negativo quanta notícia se enviar desse web a partir deste mesmo instante. A imagem desta simbólica campanha chega do blogue ANGUEIRA DE SUSO. Máis aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 69 comentarios

64 anónimo

Non si ao final resulta que os únicos intelectualmente formados para votar sodes os do BNG (os do país, os bos e xenerosos). Que sodes os terceiros con menos dun 20% porque a xente non está preparada, que somos burros, vaia. Só hai que ver o nivelón académico dos candidatos do BNG. Conselleiros e deputados co Cou, e grazas. Iso sí Upegallos de raza.

63 Ribeiras de Lea

Os artigos de César Casal son moi interesantes porque reflicten moi ben o tipo de lector medio que La Coz cre que ten. En efecto: adultos cunha idade mental menor que a biolóxica, na inopia política e na cultura mesocrática. Un periodista mediocre para lectores mediocres dun periódico mediocre. E así vai o país!

62 anónimo

La Voz non ten xornalistas de calidade, só ten a tres xunta letras porque son os unicos que se deixan mangonear polo Santi.

Alguén pensa que nun xornal decente pode escribir Cesar Casal, que escribe artigos como cando eu tiña 10 anos e estaba no colexio.

61 anónimo

Ai, escreber sin partidismo, coma A Nosa Leira e o Xornal, ambolos dous de Jacinto. Iso é escreber sin partidismo, con imparcialidade e obxectividade xuntas

60 elvira

AOS MOITOS XORNALISTAS DA VOZ DE GALICIA QUE ADOITAN ESCRIBIR NESTA PÁXINA RECOMÉNDOLLE QUE SE LEAN OS ARTIGOS DE MANUEL RIVAS E XOSÉ MANUEL PEREIRO QUE PUBLICA HOXE "EL PAIS" PARA QUE LLE LLE RECOMENDEN AOS SEUS COMPAÑEIROS CASL, VALDÉS DO QUE É ESCRIBIR SEN PARTIDISMO