Boicoz, unha campaña contra La Voz

Nas redes sociais circula xa un manifesto que anima aos usuarios a non mercar nin difundir por internet o xornal La Voz de Galicia...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 26/02/2009 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

None

A sua linha editorial não tem mais valor do que uma cotização bolsista, variando em função dos interesses do governo ou da mão que melhor a alimente. Nos inícios da maré preta do Prestige somou-se à cidadania para a denúncia da ineptidão da Junta do PP. Porém, não tardou em loar o Plan Galicia e a estratégia do poder quando isso se traduziu em suculentos ingressos via publicidade institucional (da Junta do PP), como lamentou no seu dia o que era na altura um dos responsáveis pola edição digital.

Uma edição digital que se beneficiou muito para medrar em visitas (e, pois, em ingressos publicitários) mercê às ligações em inúmeros blogues… e redes sociais, sobretudo Chuza! (que já vai polo seu terceiro ano triunfal).

Quem vos escreve é capaz de esquecer muitas cousas, mas dificilmente pode obviar a manipulação informativa e o acoso e derrubamento contra as Conselharias chefiadas polo BNG, em particular desde que Indústria (chefiada polo BNG) não deu ao Grupo Voz o naco que queriam da torta eólica. E tampouco posso esquecer com facilidade o claro alinhamento de La Voz com os grupos tangallegos, chegando mesmo a difundir informações falsas.

Pois bem, eu, na medida do possível, procurarei em adiante não ligar nada de La Voz, nem tampouco dar-lhe publicidade através de redes sociais. No referente ao caso concreto de Chuza!, tampouco vou enviar informações de lavoz.es, e mesmo votarei negativo quanta notícia se enviar desse web a partir deste mesmo instante. A imagem desta simbólica campanha chega do blogue ANGUEIRA DE SUSO. Máis aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 69 comentarios

49 ESPANTADO

Desde logo, teño claro que todos os medios de comunicación tiran para algún lado, e o lóxico sería que agrandaran os erros dos "contrincantes" que sempre os hai. O BNG cometeu erros políticos, se non fose así serían extraterrestres. O que é indecente é que os inventen e repitan mil veces o mesmo sabendo que é falso sen publicar nunca ningún desmentido ni dar "voz" á outra parte. Iso é o que pasou desta vez

48 anónimo

O caciquismo hai que demostralo, é o unico caciquismo demostrado son as contratacións a dedo de Baltar e Louzao (PP), misteriosamente desaparecidas do Xornal infame da Coz.

47 liscando

anónimo, sería máis real se dixeras: "rede clientelar e caciquil de servicios sociais dez veces máis grande que calquer goberno socialista e, polo menos igoal que a de calquer goberno pepeiro"

46 Arde e arderá

De aquí ó domingo largará lixo o PP, aventará o diario ese e seguirán de garda os francotiradores ao longo da internet.

Ó seu aire: o día un, a votar (BNG) quen non queira que volvan os do lixo; a estas alturas, xa debe estar ben claro quen anda difundindo a consigna de non ir votar ou votar en branco.

E claro, se non me dá a gana nin compro LVG nin a leo. Supoño que me pode dar a gana, con permiso dos de garda. En todo caso, farei o que me pareza; por exemplo, aplaudir que fagan coma min.

Molesto? Vaia, hom, lástima.

45 anónimo

Como vai liscar o Bloque da Xunta, se creou unha rede de servizos sociais dez veces máis grande que calquer goberno pepeiro ou socialista?

O que habería que facer sería darlle máis votos o bloque para que faga o mesmo noutras areas, para que máis xente coñezxa un goberno de verdae, non as falsedades do PPSOE.