PP, En Marea, PSdeG e Bloque valoran a enquisa electoral

A enquisa de Sondaxe debuxa un resultado electoral para o 26X similar ao 20D. A gran diferencia é que En Marea avanza coméndolle dous deputados ao PSdeG. O resto de forzas queda igual e, naturalmente, todas interpretan o estudo en función dos seus intereses.

Por E.P. | Santiago | 06/06/2016 | Actualizada ás 20:13

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, estimou este domingo que a enquisa realizada por Sondaxe que publica este domingo 'La Voz de Galicia' constata que os cidadáns van facer pagar" ao PSOE a "estratexia de bloqueo" que, na súa opinión, mantivo durante os últimos meses, impedindo que puidese gobernar, subliñou, quen gañou as eleccións.

Enquisa de Sondaxe reproducia en Electrograph
Enquisa de Sondaxe reproducia en Electrograph

"Nós imos seguir traballando para chegar ao conxunto da cidadanía, para explicar que só o Partido Popular represente un modelo de centralidad política, moderación e reformismo que nos permita seguir avanzando e poder seguir crecendo, tanto no plano macroeconómico e microeconómico para poder crear emprego,", explicou Tellado, xusto antes de subliñar que a oferta electoral do PP é a "máis razoable" neste sentido.

O secretario xeral do PPdeG tamén mostrou a súa satisfacción por que esta enquisa continúe constatando que "o Partido Popular segue sendo a forza preferida do conxunto dos españois, e tamén dos galegos". "Imos seguir traballando para poder recoller o maior número de votos posibles", asegurou.

Noriega interpreta que o electorado penaliza ao PSOE por pactar con C’s

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, valorou os resultados alcanzados por En Marea nas últimas enquisas como o resultado dun "proxecto que segue avanzando". Segundo sinalou o rexedor nunha rolda de prensa, existe "un espazo cidadán" e é necesario ser "ambiciosos".

Un cidadán deposita o seu voto nas urnas durante as pasadas eleccións
Un cidadán deposita o seu voto nas urnas durante as pasadas eleccións

As enquisas, publicadas este domingo, sitúan a En Marea como segunda forza en Galicia para as próximas eleccións xerais do 26 de xuño. Para Noriega, aínda que é difícil quitarlle ao PP a lista máis votada, é "un dos obxectivos que hai que poñer no horizonte".

Por outro lado, tamén apuntou que depende do PSOE "a apertura dunha nova etapa no conxunto do país". Segundo o alcalde, os votantes socialistas non penalizan o partido por "intentar formar goberno", senón por "enrocarse" nun pacto con Ciudadanos que "non quere o cambio".

En relación á inscrición de En Marea como partido instrumental e os conflitos xurdidos no seo interno das distintas organizacións que a promoven, apelou a superar estas discrepancias, xa que, por enriba das diferentes ideas dos que traballan pola unidade popular, situou "a propia unidade popular".

Así as cousas, insistiu en que, aínda que poidan xurdir discrepancias, sempre se poden "buscar solucións" e "diálogo", antepoñendo a construción dun "común denominador".

O PSdeG quítalle ferro e cre que remontará

A presidenta da xestora do PSdeG e cabeza de lista do PSdeG-PSOE ao Congreso pola provincia da Coruña, Pilar Cancela, asegurou este domingo, tras ser preguntada pola enquisa realizada por Sondaxe que publica este domingo 'La Voz de Galicia', que o PSOE "xa está acostumado a que os resultados definitivos sexan sempre mellores".

Segundo esta enquisa, o Partido Popular volvería gañar as eleccións en Galicia o próximo 26 de xuño ao facerse con 10 escanos e En Marea consolidaríase como segunda forza con oito actas, por diante do PSOE que obtivo outros seis deputados nos pasados comicios do 20 de decembro.

Sobre estes datos, Cancela indicou que, "afortunadamente", a xente "responde moito mellor que as enquisas". Deseguido, anunciou que dende hoxe e ata o día das eleccións "todo o partido vai estar envorcado na campaña electoral" para recuperar o espazo institucional que, na súa opinión, lle corresponde aos socialistas.

O BNG destaca que hai un 20% de indecisos

A voceiro nacional do BNG, Ana Pontón, advertiu de que "aqueles que pensan" que se vai dar "un resultado mimético" nas eleccións xerais de próximo 26 de xuño -cando o Bloque quedou sen representación no Congreso dos Deputados- "equivócanse, xa que hai moito malestar e descontento".

A preguntas dos xornalistas, Pontón realizou unha valoración das enquisas publicadas esta fin de semana por varios medios de comunicación. "Nós xa sabemos que as enquisas se poden utilizar para moitos fins e en campaña se están a utilizar para incidir no voto", opinou.

De tódolos xeitos, a nacionalista destacou que "hai datos que son rechamantes, como que un 20 por cento de persoas aseguran que non saben o que van votar". "E nós o que dicimos é que o voto de todos é importante e que hai moitas persoas decepcionadas co que pasou durante estes meses", sinalou.

Neste sentido, agregou que "os partidos estatais, PP, PSOE, Podemos e Ciudadanos, estiveron a mirar polos seus intereses e desentendendo os problemas dos cidadáns que viven no Estado español".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

8 Dalle que libras

O BNG? Que é o BNG?

7 Galego ante todo

Todos os enimigo do BNG levan un pouco de Nostrus dentro, o que pasa e que nom o recoñen, na sua vida votarían a un partido nacionalista, polo menos Nostrus admiteo.

6 nostrus

Que el BNGe este a punto de ser historia es una buena noticia, pero lo que no comprendo es porque la gente quiere marearse si En Marea no es mas que parte de un batiburrillo de comunistas disfrazados, curanderos sociales y revolucionarios antitodo. En fin gente con un enorme deseo de volver a la prehistoria de un modo progresista. Necesitamos partidos que apuesten por la realidad, la diversidad y con ganas de mejorar la situacion de las personas frente a los que nos proponen rizar el rizo y buscar el ombligo

5 Galiza Ceibe

Visto o fiasco da marea, desta votarei Bloque.

4 Armando

O BNG segue facendo puenting sen corda (a ver onde está o seu chan). Por certo, aínda estamos esperando que os do BNG que dicían nas anteriores eleccións que todas as enquisas mentían e que o BNG si ou si ía estar no Congreso den a cara. Desta volta a mesma: todos minten porque nos somos os mellores e se non estamos no Congreso é que a xente é g ilipollas.