Temas: PORTUGAL

Portugal e Galicia unidas pola ficción

A RTP e TVG presentan, 'Vidago Palace', a súa primeira coprodución dunha serie de ficción.

Por Galicia Confidencial | | 07/06/2016 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

'Vidago Palace' e a primeira gran serie galego-portuguesa. Será rodará no outono en Vidago (norte de Portugal), coproducida por ambas canles con dúas produtoras, a portuguesa Hop! e a galega Portocabo.

Presentación de 'Vidago Palace', primeira serie de ficción galego-portuguesa
Presentación de 'Vidago Palace', primeira serie de ficción galego-portuguesa

Con guión de  Henrique Oliveira e Pepe Coira, “Vidago Palace” rodarase en outubro e novembro e xa ten asinado un acordo de distribución internacional con Lagardere Studio Distribution e pre-vendas a canles de Polonia de Italia. Trátase ademais do primeiro proxecto da Península Ibérica que se presenta ás axudas públicas TV Programming en media Europa.

O Administrador da Radio e Televisión de Portugal (RTP), Nuno Artur Silva, e o director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, asinaron este luns no Porto un convenio marco de colaboración entre as dúas corporacións. No acto, celebrado no Centro de Produción da RTP no Porto, estiveron presentes os directores de Programas da RTP e TVG, Daniel Deusdado e Fernando R. Madriñán.

Os directores e creadores da nova serie, Henrique Oliveira, da produtora Hop!, e Alfonso Blanco, director da produtora galega Portocabo, explicaron o enfoque de “Vidago Palace”, produción de corte histórico que se rodará no emblemático Hotel Vidago, situado na vila portuguesa Vidago, preto de Chaves. Blanco fixo fincapé nun “contido que é moi adecuado para unha primeira coprodución e tamén para entrar con el no mercado europeo”.

Sánchez Izquierdo amosou a súa satisfacción por este proxecto, “que é un bo relato e que se gravará nun lugar de Portugal que merece ser coñecido” e adiantou que se desenvolverán moitas outras accións no marco deste convenio. Pola súa banda, Nuno Artur Silva sinalou que esta coprodución “é unha mostra da unión das dúas canles e das linguas portuguesa e galega”. Pola súa parte, o director de Programas da TVG expresou a súa confianza en que “sexa un gran proxecto para ambas as dúas canles e para as audiencias de ambos os dous países”.

Temas: PORTUGAL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Medidas contra a imposición

Xa o dixen unha manchea de veces pero aí vai. Hai que gañar terreo reafirmando o galego como unha lingua útil, poderosa e internacional, confundíndoa cada vez máis co portugués e co brasileiro. Aplicar a lei Paz Andrade, máis galego nos medios escritos, máis portugués na escola e na tele (emitir RTP e radios). O que fai feble o galego é a mestura co castelán e o clixé falso de lingua rexional. Máis pedagoxía e máis sedución, menos sensación de imposición. No audivisual cómpren referentes urbanos galegofalantes para a xuventude na TVG. Crear unha 3ª canle Xabarín, transgresora e xuvenil, para galeguizar a infancia e sobre todo os adolescentes –cando se conforma a ideoloxía e os valores-.