Temas: SAúDE

Sexo oral? Si, pero sempre de xeito seguro

Unha das grandes dúbidas a pé de rúa sobre as enfermidades de transmisión sexual é se o sexo oral é seguro. A opinión de consenso entre os médicos é que ten certo risco, polo que cómpre protexerse, aída que é moito menos proclive a ser foco de transmisión de doenzas que o sexo vaxinal ou anal.

Por GC Tendencias | Santiago de Compostela | 07/06/2016 | Actualizada ás 12:38

Comparte esta noticia

Moitos médicos argumentan que -vista a frecuencia do sexo oral e a infrecuencia de tumores ou contaxios que son directa e claramente produto desta práctica- carece de sentido vetar o sexo oral, polo menos dende un punto de vista sanitario estrito. Con todo, cómpre ter totalmente claro que certo risco existe, sobre todo de doenzas de transmisión sexual se hai intercambio de fluídos a través da boca. 

A doutora Maura Gillison , investigadora principal do estudio da Universidade de Ohio sobre o sexo oral
A doutora Maura Gillison , investigadora principal do estudio da Universidade de Ohio sobre o sexo oral | Fonte: cancer.osu.edu

Un dos puntos máis polémicos son algúns estudos científicos que ligaron o sexo oral cos tumores na boca, a través do virus do papiloma humano.  Sen dúbida, o máis citado e famoso é o estudio da Universidade de Ohio de 2011. Nel o equipo científico indicou que “o feito de ter máis de seis parellas coas que se practicou sexo oral aumenta o risco de padecer cancro de boca”. Os auotres aseguraron que a relación entre esas prácticas e a aparición dos tumores non é inmediata, que pode pasar incluso décadas antes de manifestarse. Descubriron tamén  un lixeiro pero significativo aumento dos cancros causados por o Tipo 16 do Papiloma Humano, que son máis frecuentes en homes ca en mulleres, sen que polo de agora ninguén determinara a causa.

Así as cousas, velaquí unha serie de recomendacións -ademais das xenéricas aplicábeis a todas os tipos de sexo como evitar relacións sen protección con persoas descoñecidas- sobre o sexo oral seguro sobre as que existe certo consenso entre os expertos da sexoloxía:

  • O sexo oral tamén se pode practicar con preservativos e, visto o prezo e a facilidade para mercar condones online, non hai escusa para conseguilo incluso para os que aínda pasan vergonza ao pedilos na farmacia. Os expertos recomendan preservativos de latex.
  • Os homes que estean preocupados por este asunto poden empregar barreiras bucais, que son cadros de latex cunha función similar a dun preservativo masculino.
  • Evitar sempre o sexo oral durante a menstruación se implica o contacto co sangue.
  • Do mesmo xeito, non é recomendable tragar nin lamber ningún líquido pre-exaculatorio, semen ou fluídos vaxinais.
  • Fuxir das prácticas que, debido a violencia dos movementos, supoñan risco de que se produzan feridas na boca ou na gorxa.
  • Evitar o sexo con persoas que presenten herpes ou feridas nas zonas xenitais.
  • A hixiene bucal é moi necesaria, pero é recomendable non realizala xusto antes de practicar sexo oral, sobre todo no referido ao emprego de fíos dentais ou a un cepillado agresivo que poida facer sangrar a base dos dentes.

Temas: SAúDE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Antinostrus

Vamos ..que case é mais doado auto-dar-se polo cú (a un mesmo) ou facer-lle un anal telepático ao prea de Raxoi que implementar este seica sexo oral de escafandrista do Nautilus....vaia chorradas hai que ler, meu deus!!.....nin Nostrus o definiria mais gilipollicialmente.....que xa é dicer!!.

1 FTyT

Guapa, bonita, preciosa, marisol... Tes o gusto ben perdido. Con Rajoy? Nin telepático nin real. Pero que noxo! Tas ben desesperada e necesitada oh!