Homenaxe ao dicionario "o Franco Grande"

O xurista e académico recibe unha homenaxe polo seu "Dicionario galego-castelán e vocabulario castelán-galego" de 1968.

Por Galicia Confidencial | Redondela | 07/06/2016 | Actualizada ás 17:35

Comparte esta noticia


 GRATITUDE
a Xosé L. Franco Grande, autor dun dicionario
publicado en 1968, que nos fixo máis donos das
palabras.

Homenaxe a Franco Grande en Redondela
Homenaxe a Franco Grande en Redondela


Esta é a inscripción que recolle a placa que esta fin de semana descubriu o autor do primeiro gran dicionario en galego, Xosé Luis franco Grande. O Multiusos de Redondela acolleu esta homenaxe ao xurista e académico, autor do volume co que estudaron galego xeracións enteiras.

"Por mor do influxo que o maio do 68 nas aulas da Universidade de Santiago de Compostela, o dicionario converteuse nunha ferramenta útil para normalizar o noso idioma en diversos aspectos da vida cultural e lúdica", apunta a Fundación Luis Peña Novo. Máis tarde, coa instauración da  Preautonomía (1978) e pos gobernos locais (1979), milleiros de funcionarios públicos foron avezados para os usos xurídicos e administrativos nos cursos de lingua galega co apoio do que por entón xa se lle chama ao dicionario “o Franco Grande”.

"Poucas veces na historia de Galicia, coincidindo cos movementos de rexurdimento cultural, tivo un dicionaria tanta transcendencia como o de Franco Grande", engade nun comunicado.

Esta entidade, en colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e Concello de Redondela, foron os impulsares deste recoñecemento no que participaron o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero; a profesora da Universidade de Vigo, María Camiño Noia Campos; Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística; Xosé Leal, deputado provincial de Cultura ; concelleiro de cultura de Redondela,Xabier Alonso. Tamén sesenta alumnos dos institutos de Redondela, que portando cadanseu cartel cunha palabra escrita, estiveron presentes no acto.
          

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta