Temas: NóS TV

Nós TV renóvase

Esta televisión estrea nova programación, tipografía e páxina web.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 07/06/2016 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

A televisión Nós TV renóvase. A canle local inaugura nova programación, máis ampla que a actual, e nova imaxe gráfica.

Micrófono de Nós TV
Micrófono de Nós TV

Este martes presentou o seu novo lavado de cara: logotipo, cores, tipografías e deseño web. “Queremos adaptar a nosa marca ás novas tendencias e á evolución dos gustos para reposicionar a nosa televisión”, suliña nun comunicado esta canle na que colabora o director do GC, Xurxo Salgado, cun videoblogue semanal.

“Pretendemos facilitar á cidadanía galega a visualización tanto dos contidos que producimos como dos producidos por terceiros. Queremos que este novo enderezo na rede sexa un espazo común dos contidos audiovisuais producidos na nosa lingua”, engade. A partir de agora pódese consultar en www.nostelevision.gal

Temas: NóS TV
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 ixtlan

Parabéns a Nós TV e oxalá sirva para mellora-la pluralidade informativa en Galicia.