Feijóo evita aos nenos que protestan polo peche da súa escola

Rodeados pola Policía baixo un sol inclemente e sen poder transmitir a súa queixa ao presidente da Xunta. Así aguantaron os alumnos dunha Escola Unitaria un acto do presidente da Xunta coa esperanza de pedirlle que non peche o seu centro.

Por Galicia Confidencial | Cerceda | 08/06/2016 | Actualizada ás 18:44

Comparte esta noticia

Un grupo de pais e rapaces da Escola Unitaria de Queixas presentáronse hoxe nun acto do presidente da Xunta en Cerceda. Alberto Nuñez Feijóo evitou escoitar en persoa as súas queixas, aínda que si dixo recibiu o seu escrito de protesta. 

 

Cando o presidente da Xunta abandonaba o acto, o delegado da Xunta na Coruña, Diego Calvo, bloqueou o paso ao xornalista que interpelaba ao mandatario. Calvo asegurou que os pais serán recibidos na delegación, antes de desfacerse dialécticamente do informador con malos modos. Velaquí o vídeo:

 

A Escola Unitaria de O Calvario en Queixas, Cerceda, é hoxe a única dunha morea de unitarias rurais que viña funcionando naquela comarca.  Ante a noticia do seu próximo peche, a comunidade escolar comezou a mobilizarse. 

 

Acudiron a onda Feijóo nunha visita é empresa Galopin de Cerceda. Aló intentaron informalo da situación e mostrar o rexeitamento ao “desmantelamento deste modelo  de ensino  recomendado en moitos países considerados a vangarda da educación en Europa”.

 

Nin Feijoo nin o alcalde de Cerceda presente no acto celebrado no mediodía do mércores, se achegaron ao grupo de pais, nais , nenos e nenas. Iso si, estiveron vixiados moi de preto pola Policía Nacional fóra do recinto durante hora e media sen deixar que se achegaran ao lugar do acto. Os policías  comprometéronse a achegarlle ao presidente unha carta de protesta. Finalmete os manifestantes lograron unha vitoria momentánea:  a Consellería de Educación recibiraos na delegación da Coruña a mañá xoves. Está por ver se evitan así o peche da Escola.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta