¿Quen tivo esa gran idea?

Resulta admirable, e ata envidiable, que unha inspirada mañá, hai 25 anos, a alguén se lle ocorrera levar a práctica o paradigma de “a unión fai a forza”.

Por Juan De Sola | Pontevedra | 13/06/2016

Comparte esta noticia

E importar esa universal idea ao sector da solidaridade en Galicia. De aquela, as ONGs rexistraban as suas primeiras experiencias en cooperación para desenvolvemento descentralizada como evidente mostra de rebeldía, tentando de emanciparse tras anos interminables de centralismo político e administrativo. Pero, eso sí, o sector carecía dun punto de encontró común. Dun nexo que puxera en valor o que aportan as organizacións con esta clase de ADN. Dunha referencia que identificase un movemento social imparable.
Esa lúcida mañan un grupo de persoas, sensibilizadas e comprometidas con mudar as inxustizas e a pobreza no mundo, consideraron que era máis que necesario impulsar unha alianza colectiva para defender unha postura común. Un mecanismo que elevase o tono das reivindicacións, cando foxe necesario facelo. Unha plataforma que tivese voz propia e resonancia nos eidos políticos e sociais. Unha marca propia.

E, así foi. Con bastante dedicación e outro tanto de devoción foi tomando forma a Coordinadora Galega de ONGDs. Un espacio novo e inédito que veu a luz gracias a inspiración das extintas organizacións: Comisión Galega pro-Amazonia e Estudantes Solidarios. Dende este punto de partida, aquel 1 de xuño de 1991, arrancaría un motor fundamental para identidade da cooperación e solidaridade impulsada dende un pequeno rincón de Europa.

A defensa do 0,7%, como indicador clave para que os orzamentos públicos destinasen esa porcentaxe a cooperar, foi unha das primeiras reclamacións sonadas. Todo un éxito máis no capítulo de sensibilización que no propio compromiso e cumprimento real das administracións públicas e partidos políticos con esa distribución económica. Con esta clase de iniciativas a cooperación e a solidaridade con outros povos atopou un espazo nas axendas da política pública. Un dos grandes avances que, hoxe en día, recibimos como unha herdanza que non deberíamos liquidar por inacción, división o carencias no entendemento interno para chegar a acordos.

Proseguir con este legado debe ser o principal cometido das organizacións que dan sentido e continuidade a un proxecto de presente e futuro como a coordinadora galega. Esa foi a principal encomenda dos seus creadores e predecesores a todas as ONGDs fai cuarto de seculo. Aqueles que tiveron unha gran idea para todos aqueles que creen e practican solidaridade e plantexan a sua existencia como unha loita contra a pobreza e inxustizas sociais.  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Juan De Sola Xornalista de Onda Cero Radio e corresponsal da axencia Efe Pdte Agareso - Reporteiros Galegos Solidarios 16 anos de exercicio como profesional da comunicación Recoñecementos: Mérito Social Pentenciario polo proxectos de comunicación para o desenvolvemento no centro penitenciario de A Lama Recoñecemento da asociación galega de radiodifusión pola reportaxe 'Mariñeiro no porto de Meloxo - O Grove' no afundimento do Prestige