Feijóo promete que Galicia medrará máis do previsto e carga contra as confluencias

O mandatario conservador alerta do perigo de “gobernos collidos polos pelos” e ataca aos que cuestionan proxectos como o aeródromo de drons en Rozas. O líder do PP deixa caer que pronto o sector lácteo recibirá unha “boa noticia”.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 11/06/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, elevou o crecemento da economía galega ao 2,8 por cento para este ano, o que supón unha revisión á alza de tres décimas; mentres que o indicou que a perspectiva é que o paro se sitúe en niveis de antes da crise, no 17%.

Feijóo no relatorio da APD en Santiago
Feijóo no relatorio da APD en Santiago | Fonte: Andrés Fraga

Previsión económicas

Estes datos ofreceunos nunha conferencia comida-coloquio coa que clausurou unhas xornadas da Asociación para o Progreso da Dirección (APD), que se celebraron nos últimos días en Santiago de Compostela, e na que concretou as súas palabras de jai cinco días, cando xa avanzara, nunha entrevista na Radio Galega, que se revisaría este índice por encima "varias décimas".

O obxectivo do 2,8 por cento supón tres décimas máis do previsto inicialmente pola Xunta e é o mesmo índice que xa avanzara o informe do BBVA en xaneiro deste ano. Ademais, significa unha décima máis do que prevé o Banco de España.

Pola súa banda, a previsión do paro, no 17%, significaría que unha décima menos da previsión inicial, como detallou o presidente autonómico durante a súa charla.

"Fágome cargo de que ningún destes datos son suficientes", admitiu Feijóo, quen en todo caso, defendeu a situación de Galicia, que foi capaz de "adiantarse" ás medidas para superar a crise económica.

Ataque as confluencias e aos pactos

Na quenda de preguntas, sobre canto podería retroceder o PIB se había inestabilidade no Goberno, Feijóo manifestou que non dispoñía dos datos concretos para ser "rigoroso" (para España hai unha previsión que roldaría o medio punto cara abaixo), pero si corroborou que se podería dar esa situación se hai "gobernos collidos polos pelos e cosidos a pezas", en referencia a maiorías froito do pacto dunha diversidade de forzas políticas.

"Por tanto, non se pode formar un goberno coa suma de votos, ten que ser un proxecto e unha política económica e un programa. Cando un goberno non ten obxectivos e ten intereses políticos contrapostos, non hai goberno", aseverou.

Datos económicos

En canto ao crecemento da economía galega, baseouno en tres alicerces: a recadación do IVE, as exportacións e o índice de produción industrial. Neste sentido, referiuse ao aumento do IPI do 5,6% no que vai de ano con respecto ao mesmo período de 2015 e fixouse no sector automobilístico e no naval como motores destes datos.

Preguntado polo lácteo, confiou en poder dar unha "boa noticia", pero mantivo a cautela respecto diso, posto que sostivo que debe ser a empresa a que dese a coñecer un proxecto que, en todo caso, sería beneficioso para o sector en Galicia

Aérodromo

Así mesmo, destacou a aposta da Xunta polo desenvolvemento do aeródromo de Rozas, onde, a preguntas no coloquio, "algún político" di que se está instalando "unha base da OTAN", criticou.

"Que vaian, van atopar con pouco armamento e moita intelixencia", proclamou, en referencia ás críticas de AGE a este proxecto quen, xunto ao resto da Comisión de Industria do Parlamento de Galicia, visitaron estas instalacións, en Rozas (Lugo), recentemente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

Si, sobre todo medrará coas vosas politicas a emigracion, desigualdade, perdida de falantes en lingua galega, peche de empresas, privatizacions, recortes, etc. Dende que goberna estamos sin caixas propias, coa sanidade peor ca nunca, co sector lacteo e a pesca peor ca nunca, sin tarifa electrica galega (a pesar de ser productores), agardando que se remate o AVE, etc. O que teñen é un gran medo a perder o poder e por iso non deixan de falar de Venezuela, xa que si falan de A Coruña, Barcelona, Valencia, Madrid.. teñen que decir que o estan a facer mellor que os que gobernaban antes.