Por Galicia Confidencial | Cambados | 03/07/2025 | Actualizada ás 09:00
Trátase dun ciclo de concertos que une música en directo, compromiso social e unha localización especial: a terraza da adega en Cambados, con vistas á Ría de Arousa á tardiña.
Serán catro concertos programados para os meses de xullo e agosto. Unha experiencia única que ofrece a adega Martín Códax con actuacións singulares e artistas moi diferentes entre si para gozar con calma, en boa compañía e cunha copa de albariño.
Como en ciclos anteriores, a recadación íntegra destinarase a apoiar proxectos sociais.DE
AXENDA DE CONCERTOS
17 de julio: Eladio y los Seres Queridos + DePedro.
31 de julio: Moisés Fernández + La descarga flamenca.
7 de agosto: Guadi Galego + Valeria Castro.
14 de agosto: Anxo Araújo + La Bien Querida.
Todas as actuacións, para público adulto, serán na Terraza de Martín Códax a partir das 20:30 h. e o prezo para acceder ao evento é de 30 € e con reserva previa dado o aforo limitado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.