Fortes ventos en Galicia con rachas de máis de 100km en Cedeira

Hai aviso amarelo no litoral.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/07/2025 | Actualizada ás 10:09

Comparte esta noticia

Punta Candieira, no municipio coruñés de Cedeira, rexistrou ventos de máis de 100 quilómetros por hora na mañá deste xoves, día con aviso amarelo no litoral por ventos do nordeste.

Segundo informa Meteogalicia, este xoves continúa unha xornada marcada por fortes ventos, o cal durará ata o sábado. Así mesmo, tamén hai un aviso amarelo activado para este xoves por temperaturas que superarán os 34 graos nas comarcas de Vigo, Pontevedra e a zona do Miño na provincia de Pontevedra.

Unha persoa protéxese da ondada nos arredores da Torre de Hércules, durante o paso dunha borrasca
Unha persoa protéxese da ondada nos arredores da Torre de Hércules, durante o paso dunha borrasca | Fonte: M. Dylan - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta