O xuíz acusa a altos cargos do IGAPE e a un ex-deputado do PP, pero a Xunta exímeos

A “Operación Campeón” pasa a fase de xuízo oral. O xulgado acusa a 13 persoas e o Goberno a só 9 delas, librando de culpa ao ex-parlamentario Pablo Cobián e aos dous mandatarios do IGAPE nomeados por Feijóo.

Por E.P. | Lugo | 13/06/2016 | Actualizada ás 20:04

Comparte esta noticia

O Xulgado de Instrución número 3 de Lugo decretou apertura de xuízo oral na denominada 'Operación Campeón', na que se investigou un suposto fraude en axudas e subvencións do Igape -con exaltos cargos deste instituto de crédito dependente da Xunta e un exdeputado do PP, entre outros, como acusados- e que ten como principal implicado o considerado xefe da trama, o empresario lucense Jorge Dorribo.

J. Varela, director xeral do IGAPE e imputado
J. Varela, director xeral do IGAPE e imputado

Delitos investigados

Concretamente, o xulgado decretou apertura de xuízo oral nesta operación, na que mantén a acusación formulada pola Fiscalía contra 13 persoas, mentres que a acusación particular exercida pola Xunta acusa a nove persoas e a feita pola Agencia Tributaria, só a unha, ao considerado xefe da trama.

Precisamente, para o principal investigado nesta causa, Dorribo, o xuíz pide unha fianza 621.610 euros para asegurar as responsabilidades pecuniarias e, para dez persoas procesadas, un total de 3,9 millóns de euros que terán que repartir entre todos eles.

Trátase dunha resolución firme contra a que non cabe recurso, agás no relativo á situación persoal dos acusados, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Agora os investigados teñen un prazo para presentar os seus escritos defensa.

O secretario xeral do Deporte visita a sede do equipo Nupel canda Dorribo nunha imaxe distribuída pola propia Xunta
O secretario xeral do Deporte visita a sede do equipo Nupel canda Dorribo nunha imaxe distribuída pola propia Xunta

O principal delito que se perseguiu é a fraude contra a Facenda Pública, aínda que tamén se investigaron falsidade en documento mercantil, suborno, branqueo de capitais, delito contable e insolvencia punibles.

Cargos contra Dorribo

O principal investigado é o empresario lucense Jorge Dorribo, a quen a Fiscalía acusa por varios delitos contra a Facenda Pública, falsidade documental, delito continuado de suborno, branqueo de capitais, delito contable e delito de insolvencias punibles. Está acusado de deseñar unha armazón para cobrar subvencións públicas.

A Xunta e a Axencia Tributaria tamén manteñen as súas respectivas acusacións contra Dorribo, entre elas, por varios delitos contra a Facenda Pública.

Cargos da Xunta

O Ministerio Fiscal tamén acusa aos exaltos cargos do Igape, Joaquín Varela de Limia e Carlos Silva, que asumiron os seus cargos no instituto de crédito galego e que foron apartados das súas funcións en 2011 por o entón conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra.

A Fiscalía acusa a Carlos Silva, que era subdirector do Igape, de varios supostos delitos contra a Facenda Pública, ao igual que a Joaquín Varela de Limia, que era director xeral do instituto de crédito. Ademais, o Ministerio Público acusa o exdeputado do PP de varios delitos contra a Facenda Pública e un delito de tráfico de influencias e suborno.

A Xunta exime de culpa aos seus cargos

Non obstante, a Xunta, da que depende o Igape, non formula acusación contra os dous exaltos cargos nomeados durante o primeiro goberno de Alberto Núñez Feijóo, así como tampouco faino contra o exdeputado popular Pablo Cobián, quen deixou o seu escano no Parlamento de Galicia ao transcender a investigación.

No sumario do caso figura unha anotación da axenda de Joaquín Varela que fai referencia a reunión que o presidente da Xunta mantivo no seu despacho co presunto cerebro da trama corruptora. Dorribo tamén se reuniu coa daquela conselleira de Sanidade, Pilar Farjas

Por outro lado, tamén seguen procesados dous socios de Arsenio M.P. e Carlos M.A., así como Marcos I.P., que estaría vinculado coas supostas facturas falsas, xunto con José Manuel E.F., que axudaría nas súas tramitacións a Dorribo. Ademais, Javier R.D. --vicepresidente de Proitec, unha das empresas da trama, xunto con Nupel--, Cristina Q.S., Araceli G.G., María Isabel F.P. e María Inmaculada A.T. tamén sentarán no banco dos acusados.

Dorribo, empresario centro da trama presuntamente corruptora, sae de declarar
Dorribo, empresario centro da trama presuntamente corruptora, sae de declarar
Anotación da axenda de Joaquín Varela (director do IGAPE imputado) no que se recolle a reunión de Dorribo con Feijóo en San Caetano e con Farjas na Consellería de Sanidade, unha imaxe do sumario publicada orixinalmente en elpais.es
Anotación da axenda de Joaquín Varela (director do IGAPE imputado) no que se recolle a reunión de Dorribo con Feijóo en San Caetano e con Farjas na Consellería de Sanidade, unha imaxe do sumario publicada orixinalmente en elpais.es
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta