O referendo de Galicia

Non so é no Reino Unido onde vai haber un voto crucial a semana que vén.

Por Serafin Pazos | Bruxelas | 15/06/2016

Comparte esta noticia

Purdah. Calquera persoa que sexa no Reino Unido funcionario, traballador externo ou simple beneficiario de fondos públicos ten prohibido participar na campaña do referendo británico , a non ser que o rixido estatuto de incompatibilidades lle permita explícitamente facelo, e iso según en que circunstancias. Para os políticos, lei seca; non poden nin pedir un informe ós traballadores púbicos e certamente non poden facer inauguracións.Por non poder nin poden usar o correo electrónico ni a oficina do ministerio ou o concello para facer campana. Igualiño que aquí.

Galicia non vai facer referendo sobre a UE, non falemos dun de autodeterminación, en ningún tempo previsible, ainda que segundo a doutrina Ernest Rénan/Cacharro Pardo cada elección é un referendo. En troques,  fagamos un exercicio de prospectiva, que e o xeito fino  de refererirse a especulación pura e dura; se Galicia tivera que votar a permanencia na UE, cales serían os argumentos.

As cartas de tal campaña están ben marcadas, de feito xa o vimos no referendo sobre o non-nato Tratado Constitucional (agora chamámoslle Tratado de Lisboa): os partidos tradicionais estatais e as  forzas vivas formarían o coro de adoradores de Bruxelas, os partidos nacionalistas de esquerda ( dos outros non semella haber en Galicia) e as esquerdas reunidas (tamen chamémoslle unidos, podemos, confluencias)  estarían frontalmente opostos á  Unión Europea na liña do comunismo non eurocomunista, con certos adobíos dos slogans centro-periferia latinoamericano e apelacions sentimentalistas (as vacas, os peixes) que noutras latitudes se relacionan cos partidos tipo UKIP.

Poderiamos deixar o exercicio de prospectiva-especulación neste punto. Agora ben todo o anterior non é máis ca un xogo de postureo que nada ten que ver coa realidade. Se contrastamos os discursos coas prácticas as posicións de cada un sobre a UE son xusto ó revés: o "establishment" pole desvivirse facer en apelacions liricas a “Bruxelas” (sexa o que iso signifique) pero na práctica fan o imposible para pasaren polo forro das Directivas temas tan sonados coma as normas UE sobre contratos públicos (que en Galicia a miúdo non se aplican), concesions (a renovacion concesión da Autoestrada do Atlántico é como minimo cuestionable) ou as normas europeas de  proteción medioambiental (as minas de Corcoesto, a polución da ría, por non falar do escandalo de Reganosa). Paradoxicamente son meses mesmos casos nos que a esquerda galega e española apela a un estrito respeto da normativa comunitaria.

  A senso contrario, o nacionalismo berrará (xustamente) contra os requerimentos contra a matanza do porco tradicional ou contra elaboración tradicional do augardente  inventados polos lobbies agrícolas e eurócratas que nunca viron pisaron unha leira. O último despropósito é a peregrinación que media Galicia está a facer a León para poder sacarse nun só dia o curso de cómo sulfatar a viña que agora esixe a UE, senón non lles venden o xufre.  Pola contra, as forzas vivas obvian estas falcatruadas porque  ao final o que lle interesa a xente ben (e á maioría de galegos que aspira a selo) é a pela (tamén chamada Mercado Único Europeo). Hai moita hipocrisía verbo de Europa.

Pero vaiamos mais ala neste exercicio especulativo: que pasaría se Galicia saira da UE? Probablemente aumentaría a corrupción e  acabaríase coa protección medioambiental porque xa non haberia nin sequera un romoto medo a que a UE te leve ós tribunais e mesmo te multe.  Non incrementaría a producion gandeira porque o mercado principal seguiría a ser a UE polo que habería que seguir a xogar coas súas normas se queremos exportar ao Mercado Único. Que conste que non falamos ainda dos fondos, porque en certo xeito con eles pasa como cando a un país lle aparece de repente o diñeiro fácil do petróleo , os fondos foron tanto un maná coma un veleno que contaminou calquera racionalidade nas nosas políticas publicas: temos AVE pero non cercanías, tres aeroportos pero ningún deles conectado ó tal tren bala,  seis campus universitarios pero estamos na cola de investimento en I&D ou nos rankings de investigación científica, temos cartos gratis para pavimentar o que quede ainda do nos patiromonio natural e arquitectónico.

En fin, a Unión Europea nin é boa nin é mala, coma calquera sistema político ten un pouco de todo: pode dicir algún nacionalista que a Xunta do PP fai todo mal e a do bipartito foi perfecta? Pode algún patriota constitucional ainda afirmar que co réxime da segunda Restauración Borbónica do 77 pouco menos que chegou a fin da historia?  Pois coa UE pasa o mesmo , non admite respostas simples e non contraditorias, coma a vida mesma.

Resulta por iso que Galicia coma sociedade – por usarmos un termo neutral- ten moito que gañar en deixar de espellismos e ter unha conversa franca consigo mesma sobre  cales son as cousas que son realmente no interese publico. Pensar menos na salvación que vai vir de fóra porque o noso éxito ou fracaso depende de nos mesmos. Non vai ser o Estado ou a UE o que nos saque na espiral de lenta e doce decadencia na que estamos metidos: somos demasiado pequenos, demasiado periféricos, demasiado pouco importantes como para ser unha  prioridade para calquera outro que non fora nós mesmos.  Non temos referendo pero participamos nun voto xusto dous días despois que os británicos vaina ás urnas, e a nosa elección non é  menos crucial. Ogalla puidesemos pensar máis no que nos interesa e non tanto en usar argumentos torticeiros e para obter ou manter a cadeira. Menos Bruxelas e Madrid e máis Santiago de Compostela.
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Serafín Pazos Analista político, dacabalo entre Bruxelas, onde reside, Escocia, onde traballa, e Galicia, onde ten a cabeza. Escribe a título persoal. @SerafinPazos