Metamorfose oportunista ou posibilista?

Que no tempo das campañas electoriais dinse moitas cousas que logo pasan ó esquecemento, a niguen se lle escapa. Que neses 15 días prométense cantidade de historias a sabendas de que son imposibles de afrontar, tamén.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 16/06/2016

Comparte esta noticia

Pero, con todo, nese tempo de declaracións e propostas de todo tipo, o que chama poderosamente a atención e a capacidade de metamorfose que teñen moitos persoeiros públicos que compiten no proceso electoral. E aínda que as cuestións e propostas que fan as diversas formacións partidarias,  non trocaron moito, se temos  como  referencia o acontecido  catro meses atrás, hai asuntos que si chaman a atención. Vexamos: os populares nestes días  decláranse moito máis sociais que cando gobernaban. Din que eles son o centro dialogante, e  pretenden agochar a súa prepontencia de antano.  Polo que, incluso parece que  están dispostos a acoller certas propostas que saíron do que foi coñecido como o 15 M. E lanzan medidas para a galería. E se non vexan o que fai o noso presidente Feijoo lanzando unha batería de pequenas axudas para  cuestións sociais.

Pola contra, os que naceron como os da política  nova  que tildaban ós demais de casta, agora  envólvense na bandeira socialdemocrata, falan de patria, pero  agochan a filosofía comunista da que proveñen. Mentres  os que  dende a época de Felípe Gonzáles deixaron o marxismo, abrazaron a socialdemocracia, e andiveron exercendo de centristas pactando moitas normas negativas para o mundo laboral,   tentan afianzar o seu proxecto reformista aparecendo  un chisco máis radicais  que antano, e pretenden  recoñecerse  como os auténticos donos da esquerda.

Vivimos nun tempo electoral no que todos tratan de amosar a mellor cara e tamén a máis doce para  convencer  á xente. Pero, como na cantiga de negra sombra, hai unha sombra que os persigue e que en forma de pregunta sempre  sigue sen resposta. Esta metamorfose na dereita entendo que se faga como táctica electoral. Pois, ó mesmo tempo que  amosa unha cara máis social, tamén   di que non permitirán tocar ningunha das reformas que fixeron nestes catro anos. Reformas regresivas como a laboral e outras.  Pero, na outra banda, a cuestión resúltame un tanto escura. Pois, os  que chegaron falando de  derrubar todo o vello e gobernar para a xente, falan insistentemente de socialdemocracia por puro tacticismo, ou sexa para agochar as veleidades comunistas e controladoras da prensa, da xustiza e doutros sectores, ou porque  ven que as mencionades veleidades e reformas das que falaron meses atrás  serían imposibles de facer no noso Estado? Posiblemente a segunda opción sexa a verdadeira.

Con todo o que leva chovido, e despois do debate a catro no que pouco se aclarou sobre os futuros pactos e as propostas foron semellantes ós fogos de artificio,   percibo que poucas cousas cambiaron na maneira de pedir o voto na  campaña electoral. Percibo que a incertidume política sigue viva. E a amabilidade e matamorfose actual, o acadar o poder,  poida convertirse en prepotencia e imposición. Polo que, son dos que coformareime con que naza a partires do 26 X unha nova ética na política, remate a corrupción, caiga a  reforma laboral e  se osixéne a vida pública. O demais, sobre todo o referido a economía, entendo que  pouco vai mudar. Pois, as propostas baseadas no conto da leiteira, (recaudarei moitos miles de millóns que  pagaran os que nunca pagaron e devolverán os cartos os que os roubaron) e en facer promesas de incentivar novos servizos,  sen saber como anda a caixa dos euros,   pode que saian chuscas e sexan un puro fracaso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com