A Xunta destinará case 600.000 euros para que os militares vixíen o monte

Medio Rural tamén destinará 33 millóns para que os concellos contraten brigadas de prevención e loita contra o lume nos vindeiros tres anos. No caso de 2016 o acordo chega xusto cando comeza a campaña.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 16/06/2016 | Actualizada ás 16:35

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural destinará 560.000 euros a un convenio que asinará co Ministerio de Defensa para que efectivos do Exército colaboren en tarefas de loita contra os lumes forestais na campaña deste ano.

Soldados vixiando os montes galegos
Soldados vixiando os montes galegos | Fonte: vigoalminuto.com

Segundo informou o presidente galego na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, este acordo permitirá que haxa 25 patrullas terrestres vixiando os montes que, dixo, “poden ser máis se existe risco alto ou moi alto de lume”.

Tal e como fixo o pasado ano, a Xunta destinará a mesma cantidade de diñeiro para recibir a axuda do Exercito. Nesta ocasión, tamén se contará cunha aeronave non tripulada para vixiar os lugares sensibles a posibles lumes desde o aire.

Convenio cos concellos

Por outra banda, o Consello da Xunta aprobou unha axuda de 33 millóns de euros para asinar cos concellos galegos convenios de loita contra os lumes nos anos 2016, 2017 e 2018. Uns convenios que, este ano, chega xa cando vai comezar a campaña contra os lumes forestais.

O obxectivo destes acordos entre Xunta e administracións locais segundo indicou o presidente galego son contratar brigadas para a prevención e extinción de incendios. Así, estes equipos encargaranse da limpeza de puntos sensibles, como as beiras das estradas, e de apagar lumes nos meses de máis perigo, é dicir, xullo, agosto e setembro. “Queremos que os concellos poidan planificar adecuadamente a campaña contra os lumes”, dixo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Montesío

Pois se imos pagar a un exercito por ese servizo que saquen un concurso. Ao mellor sáenos moito máis barato o francés.

2 convida frijol

Re-pago farmaceutico, da policia auto-anemica, dos livros em educaçom... Agora vem o re-pago castrense. Estes do pp som uns genios.

1 NERON FRIJOLES

CHOCOLATE DO LORO.... señores o gasto total este ano de eleccions e de 173 millons de euros... cartos queimados... que lonxe estamos do principio cnado eran 30 millons de euros..