Galicia xa factura 33,3 millóns en agricultura ecolóxica

A provincia de Lugo facturou unha terceira parte do total, arredor duns 11 millóns de euros. Esta provincia ten 12.000 hectáreas de agricultura ecolóxica.

Por E.P. | Compostela | 17/06/2016 | Actualizada ás 11:16

Comparte esta noticia

O Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) presentou este xoves o balance de 2015, no que se facturaron 33,3 millóns de euros en explotacións ecolóxicas na Comunidade.

Gandeiría inscrita no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA)
Gandeiría inscrita no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) | Fonte: GC

O presidente e o secretario do Craega, José Antonio Fernández e Javier García, detallaron en rolda de prensa que a provincia de Lugo facturou unha terceira parte do total, arredor duns 11 millóns de euros.

Máis da metade da superficie inscrita en Galicia se atopa en Lugo, provincia que suma case 12.000 hectáreas dedicadas a agricultura ecolóxica, duplicando ao resto de provincias. Javier García afirmou que arredor do 90 por cento da produción ecolóxica certificada procede dos sectores do leite, carne, castañas e sidra.

Para o Craega, trátase de datos "moi positivos" que servirán para "afianzar" a aposta de futuro que supón a agricultura ecolóxica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta