Bocixa, dos Zenzar, sustituirá a Lennon á fronte dos Beatles

O líder dos Zenzar será o vocalista da banda de Liverpool durante a vindeira xira.

Por GcToday | Liverpool | 19/06/2016 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Xosé Bocixa, o líder do grupo galego Zenzar, será o vocalista da banda inglesa The Beatles durante a próxima xira europea que comezará en Sigüeiro e rematará en The Cavern, o mítico local de Liverpool onde a banda ingles tocou por primeira vez.

O cantante das Encrobas, substituirá a John Lennon, asasinado no ano 80 en Nova York, despois de un parón prudencial tralo terríbel suceso. Desde o equipo de comunicación do grupo aseguran que está fichaxe pretende darlle un sopro de aire fresco á vez que retoman a estética dos anos 60, aproveitando o propio peinado do cantante.

Deste xeito “The Beatles retomará unha xira mundial con Bocixa como vocalista”, anunciaron o cuarteto nun comunicado difundido este fin de semana, e que fixo tolear as redes sociais nas últimas horas. Cóntanse xa por milleiras as mostras de afecto que o galego está a recibir de todos os puntos do país e animan ao vocalista a deixar pegada na banda británica.

Polo de agora Bocixa, xa deixou entrever parte do seu potencial, nun vídeo filtrado no que se pode observar ao grupo co novo cantante interpretando a canción Help! e que non está a deixar a ninguén indiferente.

Ademáis disto, o traballo de Bocixa cos Beatles non impedirá ao artista manter os seus compromisos coa súa banda, os Zenzar.

Bocixa e os Beatles interpretando a canción Help!

Bocixa e os Beatles interpretando a canción Help!

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta