“As nosas vacas producen a metade pero viven o dobre de anos”

A Casa Grande Xanceda é unha granxa moi especial. Logrou facerse un oco en moitos supermercados co seus produtos ecolóxicos e destaca pola súa solidariedade, incluídos uns premios de emprendemento rural que hoxe entrega o presidente da Xunta. Da man dunha das súas socias, Cristina Fernández-Armesto, descubrimos as claves deste negocio punteiro nun sector, o do leite, que non dá saído da crise. E de paso, coñecemos como loitan contra os ataques dos lobos empregando unha arma moi especial, os burros.

Por Manuel Vilas | Xanceda | 17/06/2016 | Actualizada ás 13:39

Comparte esta noticia

Vostedes presumen de ter unhas vacas "mooooi" felices. En que se diferencian as condicións nas que teñen os seus animais das condicións dunha granxa típica, que non traballa en ecolóxico?

Pois principalmente nunha granxa ecolóxica como a nosa é moi importante a ausencia de pesticidas, herbicidas ou fertilizantes químicos. Ademais as nosas vacas saen a pastar todos os días. Este forma de vida san, fai que as nosas vacas vivan unha media de 11 anos;cando en convencional, só cumpren entre 5 e 6 anos. Velaquí unha gran diferenza!

O sector lácteo galego leva lustros en crise. Vostedes compiten nunha categoría bastante diferente ao común dos gandeiros, pois producen en ecolóxico e teñen as súas marcas de seu. Con todo, como está a vivir a Casa Grande a crise do sector, especialmente no referente aos prezos?

Afortunadamente xa non dependemos da industria tanto como antes, xa que neste momento conseguimos transformar 80%  da nosa producción.  Por esta razón, sorteamos un pouco mellor a crise do leite imposto polas industrias, e con todo, sempre estamos ó carón dos nosos compañeiros gandeiros nas reinvidicacións e tratoradas, polo inxusto prezo do leite, e a condena á crise do rural galego.

Arestora haberá no país ducias de gandeiros pensando en pasarse a ecolóxico para salvar a súa explotación. Que consellos lle daría antes de dar un paso así?

A produción en ecolóxico non é necesariamente máis rendible que a convencional. O sobreprezo que paga a industria pola leite ecolóxica, ás veces non cobre os custos adicionais que se xeran por producir en ecolóxico. As vacas ecolóxicas, por exemplo producen ata a metade menos de litros e as colleitas de pasto adoitan ser moi inferiores en cantidade ao non poder usar pesticidas. Creo que para producir en ecolóxico hai que estar convencido, é máis unha filosofía e unha forma de vivir en harmonía co medio ambiente, así que o meu consello é que para facer, un cambio como este tan grande a ecolóxico.

Unha das queixas máis frecuentes dos produtores do agro son as marxes de explotación que levan as cadeas de distribución. Afortunadamente, vostedes xa lograron colocar os seus produtos nos lineais de moitas cadeas de distribución moi potentes. Cal é a súa experiencia a hora de 'lidiar' con estes xigantes do comercio? Apretan tanto aos produtores como din?

Está claro que somos unha empresa moi pequena cun oco moi humilde dentro dos grande lineais que están principalmente copados con grandes multinacionais. Facerse un oco, sen orzamento de mercadotecnia nin coñecemento de marca, foi moi complicado e si, apertar apertan.  Pero tivemos sorte de que os clientes souberon ver que os nosos iogures eran diferentes, que detrás hai unha serie de valores que os consumidores aprecian, como o coidado do medio ambiente, o apoio á Galicia rural, o benestar animal. Aademais claro de ser un produto que ao estar elaborado só con leite en po e sen aditivos, simplemente sabe mellor.

A Granxa inviste considerábeis esforzos en actividades de Responsabilidade Social Corporativa. Moitos máis que empresas de tamaño maior.  Promoven a adopción de cans abandonados poñendo as súa fotos non envases e teñen un concurso de emprendemento -cuxos premios entrega este vernes o presidente da Xunta Alberto Nuñez Feijóo- cun colexio local. Por que fan estas apostas? Forma parte dunha estratexia de coidado da súa imaxe de marca, que é clave nun mercado como o do produtos ecolóxicos?

O noso obxectivo desde o inicio sempre foi producir lácteo causando o mínimo impacto ao medio ambiente e aos animais e revalorizar o medio rural mediante a creación de emprego. Grazas ao rural somos moitas as familias que vivimos deste proxecto e parécenos razoable que unha parte dese valor invístase en proxecto sociais da  nosa contorna. A protección do os animais está dalgunha forma no noso ADN e o abandono e trato indebido de animais de compañía aínda é frecuente no rural. Por iso involucrámonos moito con este tipo de accións, que dalgunha forma axuden a fomentar a tenencia responsable de animais e que loiten contra o abandono. Por que non aproveitar os recursos que xa temos , neste caso a distribución comercial, para facer chegar unha mensaxe solidaria?

Vostedes tamén organizan visitas guiadas á granxa, que son moi educativas, especialmente para familias con nenos pequenos. Até que punto representan unha parte significativa da súa facturación ou trátase tamén dun xeito de socializar o traballo e a imaxe da Granxa?

A nivel de facturación é moi pouca cousa. É máis, as visitas supoñen máis gasto que ingreso, pero considerámolas como parte da nosa responsabilidade social corporativa. Ao fin e ao cabo son visitas educativas nas que nenos e pais aprenden en que consiste a agricultura ecolóxica, e coñecen de primeira man o que hai detrás dun iogur ecolóxico e dunha granxa láctea. É unha forma moi simpática de concienciar sobre o medio ambiente e o benestar animal.

A modo de anécdota. Unha das cousas máis curiosas que se descobren ao visitar a Casa Grande é que vostedes empregan burros para loitar contra o lobo. Trátase dunha estratexia nunca vista na cultura tradicional do agro galego. En que consiste?

Guillermo Martínez, director-xerente de Casa Grande de Xanceda
Guillermo Martínez, director-xerente de Casa Grande de Xanceda | Fonte: GC

É unha fórmula que xa se empregaba en África en Namibia onde o descubrín estando de voluntaria. Os burros escoitan con esas orellas tan grandes de cando hai un perigo, e desta forma consegue alertar á poboación da presenza dun guepardo por exemplo.

É efectiva?

Pensei que se podería importar esta mesma idea á nosa granxa, onde padecíamos frecuentes ataques de lobos, xa que as nosas vacas ó pastar diariamente estaban moi expostas… e a fórmula de mastín e burros xunto con unha voa valla, é infalible! Para nós é unha oportunidade de convivir de forma pacífica cas especies autóctonas da zona!

Os iogures ecolóxicos son o produto estrela de Casa Grande de Xanceda
Os iogures ecolóxicos son o produto estrela de Casa Grande de Xanceda | Fonte: GC
Jimmy, un dos cans dos iogures da iniciativa proadopción da Casa Grande da Xanceda e a Asociación de Amigos da Canceira de Ordes
Jimmy, un dos cans dos iogures da iniciativa proadopción da Casa Grande da Xanceda e a Asociación de Amigos da Canceira de Ordes
Cristina Fernández-Armesto, unha das socias da granxa Casa Grande de Xanceda, e Junior, un dos burros que empregan para alertar dos ataques do lobo
Cristina Fernández-Armesto, unha das socias da granxa Casa Grande de Xanceda, e Junior, un dos burros que empregan para alertar dos ataques do lobo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 anonimo

Fernández-Armesto... de qué me soa?

1 Antinostrus

Non sempre ten de sair de tal Pao (Agusto Assia: Comunista na Mocidade e Fachorro na Senectude e Victoria Fdez. España- Deputada Eterna de AP -: que coidaba que Tejero, ao entar no Congreso, era un Etarra Disfrazado) tal "Astilla"...Moi Ben pola Cristina...(para Burro poderian levar ao Cipaiomoneuronalvendido do Nostrus, aínda que supoño que, con moi bó criterio, o comerían os lobos en supremo acto de xustiza e limpeza étnica inaprazabel: preas fóra!!).

1 Joseva

Compre impulsar muitas iniciativas como esta no agro e no rural galego!!!