Temas: INMOBILIARIA

As Rías Altas e Baixas, entre as zonas máis baratas no verán

Alugar un piso nestas zonas custa catro veces menos menos que facelo en Mallorca. Soben os pisos de alugueiro nestes meses vacacionais en Ourense e Lugo.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 18/06/2016 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

O alugueiro dunha vivenda nas Rías Altas (373 euros á semana) e Baixas (389 euros) é unha das opcións máis alcanzables de toda España en verán, xa que ocupan o segundo e terceiro posto respectivamente entre as máis baratas, só por detrás da costa de Almería (341 euros), segundo o portal pisos.com.

Batea das rías baixas
Batea das rías baixas

Estas cifras contrastan co outro extremo no que se sitúan os 1.250 euros de media que vale unha vivenda de alugueiro nas Illas Baleares en verán ou os 932 euros na Costa Brava.

Así, os 373 euros de renda semanal nas Rías Altas supón unha caída do 8% respecto a hai un ano, mentres que os 389 euros das Rías Baixas son un 5,4% máis que en 2015.

Pola súa banda, os pisos medios en venda nas Rías Altas sitúanse en 126.278 euros (+3,8%) e nas Rías Baixas en 142.900 euros (+8%), por debaixo da media en ambos os dous casos, que se sitúa en 179.886 euros (+11,6%). En España o prezo do alugueiro dunha vivenda vacacional pasou dunha renda media de 527 euros semanais a 565, rexistrando un incremento do 7,17% nun ano, segundo pisos.com.

Por outra parte, segundo a información do portal fotocasa.es, o alugueiro de pisos de Lugo soben un 1,9% nas vivendas de cara ao verán, cun incremento de 4,4 euros ao mes, mentres en Ourense hai unha alza do 0,1%, dos aumentos máis reducidos en España. Na Coruña hai unha suba interanual do 5,9%, entre as 15 provincias que máis soben.

Temas: INMOBILIARIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta