Temas: PRISIóN A LAMA

Liorta multitudinaria na prisión da Lama con feridos por arma cortante

A pelexa iniciouse tras ser reuvicados varios internos nun módulo diferente ao seu. Foi necesario illar cinco internos tras a pelexa.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 18/06/2016 | Actualizada ás 15:37

Comparte esta noticia

O centro penitenciario da Lama rexistrou este venres unha pelexa multitudinaria no módulo 3 entre varias decenas de presos que se saldou cun home ferido e diversos lesionados, segundo informou o sindicato Acaip.

Prisión de A Lama
Prisión de A Lama | Fonte: blogcarcelalama.blogspot.com

Preto de 50 persoas víronse implicados neste enfrontamento, entre un grupo de presos musulmáns e outros internos, supostamente provocado pola concentración de presos de dous módulos diferentes mentres se desenvolven unhas obras de instalación de detectores de fume nas celas.

Segundo engade Acaip, a "eficaz e rápida intervención dos funcionarios" impediu que o suceso acabase sendo "moito máis grave", aínda que foi necesario illar cinco internos e se rexistrou un ferido por unha navallada e diversos lesionados.

Acaip criticou que isto se produza por unhas obras "moi discutibles, cun gasto enorme" (uns dous millóns) e "que non serven para case nada", mentres a prisión "está feito un cortello" e se transvasan internos dun módulo a outro "co enorme risco que leva consigo".

Oficinas sucias, cadeiras rotas, mesas deterioradas, pragas de mosquitos ou propagación de ratas, son algúns dos problemas denunciados por Acaip por falta de presuposto.

Temas: PRISIóN A LAMA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Antinostrus

Re-ubicados é con B de Burrangas en prácticas: Nostrus Mononeuronal Redivivo!!!!!.