As pemes galegas, exemplo de uso de software libre

O seu uso en Galicia supera a comunidades como Madrid, Cataluña e País Vasco. Xa o emprega oito de cada dez empresas do país e chega ao 52,1% das microempresas.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 19/06/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Oito de cada dez empresas galegas con máis de 10 empregados usan software libre, o que supera a taxa de comunidades como Madrid, Cataluña e País Vasco.

Unha muller traballa diante de varias pantallas de ordenador
Unha muller traballa diante de varias pantallas de ordenador

Segundo os datos do Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (Osimga), existe tamén unha tendencia crecente a usar esta tecnoloxía en microempresas, pois este tipo de sistema xa chega ao 52,1% das compañías deste tipo.

Ademais, nas empresas informáticas galegas, a utilización deste tipo de software crece en dous puntos respecto ao ano anterior e sitúase no 86,7%. Tamén crecen os programas libres con maior implantación son os navegadores de Internet e as aplicacións informáticas. Así, no último ano, incrementouse en 4,4 puntos o uso de sistemas operativos de Software libre nas grandes empresas galegas (dun 35,1% ao 39,5%); un indicador que sobe lixeiramente entre as microempresas galegas, chegando ao 18,6%.

Por outra banda, no último ano tamén aumentou en máis de sete puntos a porcentaxe de empresas informáticas, provedoras de solucións TIC, que venden servidores web e servidores de correo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta