Ferrin

Nos últimos tempos escribín varios artigos de opinión, onde me centro na figura de Xosé Manuel Beiras. Este feito non é casual porque ten unha enorme transcendencia para o futuro do noso país. Por certo a última entrevista en V Televisión no programa da excelente xornalista Fernanda Tavare demostrou por que é e segue sendo o líder natural da esquerda social e política de Galicia. Deunos a todos unha clase de política, desde unha óptica da esquerda patriótica e rupturista. Sen cortarse un pelo, sinalo o seu caracterización sobre as actitudes políticas oportunistas de Yolanda Díaz, sen desmerecer a súa capacidade persoal.

Por Lois Pérez Leira | Vigo | 21/06/2016

Comparte esta noticia

Os da nova política pensan que os que loitaron toda a vida “os impresindibles” teñen que xubilarse da loita, marcharse a un xeriátrico e deixarlles o lugar a eles. Moitos de “eles” chegaron á política fai un par de anos. Outros de “eles ou elas”  quérennos facer crer que con eleccións telemáticas, que non llas cre ninguén e con vestirse coa camisa fóra de pantalón, basta para ser parte da “nova casta”, dos que se subiron á nova ola. Por certo a maioría son membros das clase medias acomodadas. Oxala fosen mozos traballadores, que eles si saben o que é o traballo duro e a explotación. Moitos de “Elas e eles” abran quedado sorprendidos e escandalizados cando na mesma entrevista Beiras falo de que falta un Lenin. Para a nova política non son figuras a rescatar, como non son convenientes as bandeiras patrias, nin republicanas, nin as vermellas dos traballadores.
Eles prefiren chamar por teléfono a Zapatero para pedirlle un consello. Os vellos militantes aínda recorremos a Marx, Engels ou Lenin para interpretar o presente e o fututo.
En realidade o motivo deste artigo é falar de Xosé Luís Méndez Ferrin, para o meu entender un dos intelectuais e escritores máis brillantes que deu Galicia. A súa traxectoria tanto política como intelectual, foi coherente e consecuente na defensa dos dereitos nacionais de Galicia e a loita polo socialismo. Mantivo sempre unha visión internacionalista, escapando do folclorismo nacionalista e comprendendo a necesidade de articular políticas e alianzas das esquerdas nacionais do resto do Estado e coa propia esquerda estatal rupturista.

Por iso creo que Ferrín, debería ser o senador que represente á provincia de Pontevedra, nestas próximas eleccións. Serian un enorme prestixio para o noso país, que un home con tan longa traxectoria de loita e cunha obra literaria da súa dimensión, puidésenos representar.

A moitos nos gustaría escoitar o seu vos no Senado. Nese lugar que non serve para nada. Que é parte do modelo institucional que está en crise e debe de terminar nun proceso constituiente que declare a República. Sabemos que Ferrín como sempre o fixo, dirá estas cousas no senado. A súa voz libre, a voz dos traballadores e traballadoras de Galicia, poderá retumbar nese salón que cheira a azufre e a pasado franquista.
Nin vella política, nin nova política. Política patriótica e anticapitalista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.