Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/07/2025 | Actualizada ás 10:09
Unha embarcación de recreo, na que viaxaban catro persoas, solicitou axuda de madrugada ao verse con problemas para atracar a causa do forte vento en Muros (A Coruña). Era a 1.00 da mañá deste mércores cando un particular contactaba coa central de 112 para demandar auxilio desde a costa da parroquia de Abelleira. Indicaba que no barco ían catro persoas pero que estaban en perfectas condicións.
Así, a central do 112 informou de inmediato a Salvamento Marítimo, a Gardacostas de Galicia, á Garda Civil, ao GES de Muros e a Protección Civil da localidade. Tanto Salvamento como Gardacostas mobilizaron respectivas embarcacións ata o lugar, mentres que os membros do GES acudiron a comprobar a situación desde terra. Finalmente, o barco logrou fondear nunha zona de pouco calado ata a subida da marea, tras o que foi acompañado sen maiores complicacións pola embarcación auxiliar 'Mar de Galicia', de Gardacostas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.